Un lector sobre «Silencio»: “Aunque no me gusta os lo recomiendo porque es un libro diferente”

Un lector de Silencio publica no seu blog Un gran quizá unha valoración persoal sobre a novela de Fran Alonso: «Aunque no me gusta os lo recomiendo porque es un libro diferente». Opinión personal: Este libro no es realmente un libro que pueda maravillar a una persona, es tremendamente agobiante y no te da mucha oportunidad de encariñarte con los personajes

Read more

A novela negra «A punta de pistola» consolida a súa vocación de crear intriga e publícase a 3ª edición

Acaba de ser publicada a 3ª edición da novela negra de Fran Alonso A punta de pistola, unha novela editada na colección Fóra de Xogo, que constitúe unha reflexión en torno á educación familiar e social, á marxinación, á infancia, á paternidade e ao papel da muller, entre outros temas, dentro dunha trama de suspense e intriga con moita acción. A novela pode

Read more

Fran Alonso: «Os novos xeitos de control do pensamento e do comportamento, os perfís persoais e o avatar sitúannos nun plano próximo á ficción»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez ao escritor Fran Alonso.   Fran Alonso: máis ca un escritor… un creador   Fran Alonso (Vigo, 1963) deuse a coñecer na nosa literatura ao gañar o “Premio Blanco Amor” de novela do ano 1991 coa obra Tráiler. A partir de aí a súa pluma foi tocando diferentes xéneros literarios

Read more

Anotación de Ramón Nicolás sobre a presentación da novela «Silencio» no IES de Valadares

Ramón Nicolás publicou no seu blog, Caderno da crítica, unha anotación sobre a presentación de Silencio, de Fran Alonso, que tivo lugar no  IES Valadares de Vigo e se retransmitiu por videoconferencia ao IES Saturnino Montojo de Ferrol.   Presentación de «Silencio», de Fran Alonso, por videoconferencia Resultou unha actividade moi interesante, e penso que satisfactoria, a presentación por videoconferencia,

Read more

A novela «Silencio» preséntase por videoconferencia ante o alumnado dun instituto de Vigo e outro de Ferrol

A novela Silencio, de Fran Alonso, publicada na colección Fóra de Xogo, será presentada mañá ás 10,30 da mañá por videoconferencia ante o alumnado dun Instituto de Vigo e outro de Ferrol. O encontro terá lugar no IES Valadares de Vigo, desde onde será retransmitido ao IES Saturnino Montojo de Ferrol, que participará de forma activa. No acto de presentación

Read more

Fran Alonso: «A ficción de terror que se apoia no irracional non é verosímil hoxe co coñecemento científico». Entrevista de César Lorenzo

Biosbardia publica unha entrevista de César Lorenzo Gil a Fran Alonso centrada na súa novela Silencio e noutros temas do ámbito do libro, da literatura e da edición.   Fran Alonso: «Hoxe hai espazo para unha nova editorial de narrativa galega» Xerais reedita a novela curta para público xuvenil Silencio, de Fran Alonso (Vigo, 1963). O escritor móvese ben entre

Read more

Fran Alonso publica «Silencio», unha novela de suspense sobre feitos que nunca imaxinamos

Silencio, de Fran Alonso, é unha novela de suspense sobre feitos que nunca imaxinamos, publicada por Xerais na colección Fóra de Xogo. Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os

Read more
1 2 3 5