a versión en vídeo de «poemas inmóbiles de movemento estático», xa é de acceso libre en youtube e abarca o poemario completo

A versión en vídeo de Poemas inmóbiles de movemento estático, xa é de libre acceso en Youtube. Ata o de agora, á versión audiovisual só podía accederse a través dun código QR que figura nas páxinas libro en papel Poemas inmóbiles de movemento estático, publicado recentemente pola editorial Chan da Pólvora (a finais do pasado mes de decembro 2022) na

Read more

«Poemas inmóbiles de movemento estático», Un poemario en libro e vídeo que constitúe Unha proposta poética conceptual e gráfica

O vindeiro mércores 21, o escritor Fran Alonso, acompañado do editor e poeta Antón Lopo presentará na Fundación Euseino? (Rúa México 37, Vigo) o seu novo libro, Poemas inmóbiles de movemento estático, publicado pola editorial Chan da Pólvora. O libro estará distribuido a partir dese día polas librarías e na web da editorial. Poemas inmóbiles de movemento estático é un libro

Read more

Fran alonso fálanos dos superpoderes da lectura e da chamada da literatura, da palabra e da lingua no seu novo libro «douche a miña palabra»

O escritor Fran Alonso acaba de publicar na colección Sopa de Libros Douche a miña palabra, unha obra a través da que nos convida a reflexionar en torno a lectura, a escrita, a palabra, a literatura, a poesía e tamén á lingua. O libro conta con fermosas ilustracións de Bea Gregores, que aporta unha nova dimensión ao texto. Como se

Read more

Reedítanse todos os libros de poesía infantil de Fran Alonso: «Cidades» (4ª edición), «O meu gato é un poeta» (6ª edición) e «Poemas birollos para ler cos ollos» (2ª edición)

Os tres libros de poesía infantil de Fran Alonso acaban de ser reeditados durante estes dous meses de outubro e novembro. Publicados na colección Sopa de Libros de Xerais e ilustrados polo propio autor, Cidades alcanza a súa 4ª edición, O meu gato é un poeta a súa 6ª edición e Poemas birollos para ler cos ollos a súa 2ª

Read more

O libro de poemas «Terraza», de Fran Alonso, é o libro máis valorado na Tabela de marzo elaborada por cinco críticos

O libro de poemas Terraza, de Fran Alonso é o libro  máis valorado no mes de marzo pola crítica da Tabela dos Libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas

Read more

Fran Alonso publica «Terraza», un novo libro de poemas, balizado con códigos QR, que acaba de ser calificado como «sorprendente, contemporáneo e de discurso radical»

O escritor Fran Alonso acaba de publicar Terraza, un libro de poemas que aborda a vida e o paso do tempo desde a visión crítica dun home que escribe poesía sobre o que ve na súa contorna na terraza dunha cafetería na que toma café. O libro acaba de ser recibido cunha primeira crítica do xornalista Ramón Rozas, que salienta «a radicalidade do

Read more

Fran Alonso escribirá diariamente en Twitter un poemario baixo o título de «Estado de Malestar», explorando as posibilidades expresivas da literatura galega nas redes sociais

Estado de Malestar. Ese é o título elixido por Fran Alonso para o libro de poemas que escribirá diariamente en Twitter dentro do proxecto inherente á súa obra de explorar as posibilidades expresivas das novas tecnoloxías. A cabeceira da conta de Twitter empregada (@Tw140Poemas) reproduce unha fotografía que o propio Fran Alonso fixo sobre unha instalación da artista plástica portuguesa

Read more

Fran Alonso volve á poesía infantil con «Poemas birollos para ler cos ollos», un libro divertido e transgresor que reivindica a poesía visual e a oralidade

Fran Alonso volve á poesía infantil cun libro titulado Poemas birollos para ler cos ollos, publicado por Xerais e dirixido a primeiros lectores e lectoras. O libro foi integramente deseñado por Fran Alonso, que tamén o escribiu e ilustrou e supón unha reivindicación da poesía visual para esas idades. Poemas birollos para ler cos ollos é un libro de poesía

Read more
1 2 3 5