A versión en vídeo de «poemas inmóbiles de movemento estático», xa é de acceso libre en youtube e abarca o poemario completo

A versión en vídeo de Poemas inmóbiles de movemento estático, xa é de libre acceso en Youtube. Ata o de agora, á versión audiovisual só podía accederse a través dun código QR que figura nas páxinas libro en papel Poemas inmóbiles de movemento estático, publicado recentemente pola editorial Chan da Pólvora (a finais do pasado mes de decembro 2022) na

Read more

«Frío», fragmento do videopoema de «POEMAS INMÓBILES DE MOVEMENTO ESTÁTICO»

Read more

Vídeo do IES Sánchez Cantón sobre un roteiro literario que rematou cun encontro con Fran Alonso nunha terraza de Pontevedra

Un encontro co escritor Fran Alonso na terraza do Café Blanco y Negro de Pontevedra, que incluíu un recital do seu libro de poemas  Terraza, constituíu o punto final dun roteiro literario pola cidade que o profesorado do IES Sánchez Cantón organizou co alumnado de 4º da ESO dentro do proxecto «Rúas literarias en Pontevedra». O IES Sánchez Cantón publicou

Read more

Vídeo da performance de Fran Alonso na presentación do seu libro de poemas «Terraza» na Libraría Cartabón en Vigo

A librería Cartabón publicou o vídeo da presentación de Terraza, de Fran Alonso en Vigo.      

Read more

O alumnado de Primaria do CEIP Manuel Sueiro elabora un video cunha canción a partir da poesía infantil de Fran Alonso

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Manuel Sueiro de Ourense elaborou vídeo cunha canción composta a partir dos libros de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos e O meu gato é un poeta, de Fran Alonso.

Read more

Video-lectura do comezo de «Contos nerviosos»

Video-lectura de Fran Alonso das primeiras páxinas do seu libro infantil Contos nerviosos, que acaba de publicar Embora edicións (2016). A lectura correspóndese coa primeira das catro historias, que leva por título «O caso de Amelio», protagonizada por un neno alérxico ao ruído.   Contos nerviosos conta catro historias distintas, presididas pola imaxinación, que exploran a fronteira entre a realidade e

Read more

Booktráiler da novela «Silencio»

Booktráiler da novela Silencio, de Fran Alonso, que se publicou na colección Fóra de Xogo, realizado polo propio autor.

Read more

Vídeo da intervención de Fran Alonso e Antoine Cassar no ciclo “Poetas Di(n)versos”

Reproducimos o vídeo da intervención de Fran Alonso o pasado 30 de decembro no ciclo de Poetas Di(n)versos na Coruña, xunto co poeta maltés Antoine Cassar. Durante unha hora longa, o público puido escoitar recitar aos dous convidados, baixo o denominador común do cuestionamento das fronteiras xeográficas. O ciclo, coordinado por Yolanda Castaño, celebrouse no auditorio do Centro Ágora. 

Read more

Entrevista de Pemón Bouzas a Fran Alonso no programa Eirado da TVG sobre «A punta de pistola»

Read more

Un lector recomenda en vídeo a novela «Tráiler», de Fran Alonso, para o proxecto Kuentalibros

Un lector recomendou Tráiler, a novela de Fran Alonso, para o proxecto Kuentalibros. Tráiler O lector achará en Tráiler un mesto conxunto de anécdotas, lembranzas, peripecias e transos, presentados cun gran senso do realismo e escolmados cun óptimo criterio narrativo. O ton humorístico adoptado para relatar historias alleas, máis ou menos reais ou magnificadas, feitas literatura sen abusar do artificio literario

Read more
1 2