a versión en vídeo de «poemas inmóbiles de movemento estático», xa é de acceso libre en youtube e abarca o poemario completo
A versión en vídeo de Poemas inmóbiles de movemento estático, xa é de libre acceso en Youtube. Ata o de agora, á versión audiovisual só podía accederse a través dun código QR que figura nas páxinas libro en papel Poemas inmóbiles de movemento estático, publicado recentemente pola editorial Chan da Pólvora (a finais do pasado mes de decembro 2022) na súa colección Areal de Melide.
Poemas inmóbiles de movemento estático afonda na liña que Fran Alonso ven desenvolvendo desde hai anos sobre as posibilidades plásticas da poesía, característica que neste libro se converte nunha eclosión. Pero non debemos levarnos a engano. Baixo as formas escintilantes agáchase o desacougo dos poemas, talvez os máis escuros que escribiu o autor. O libro xira arredor dun ser de natureza incorpórea, engastadao ao individuo que escribe e aturdido no desalento do frío, no abatemento do corpo, no humus da frustración. O ser debeu perderse na reite- ración das palabras, no labirinto dos conceptos, na confusa arañeira que prendeu coa erosión da engra- naxe neuronal mentres o corpo do individuo que escribe se arrastra pola dor, polo desalento, polo desencanto e pola palabra para procurar unha iden- tidade (dubidosa) na incerteza da esperanza.