Vídeo do IES Sánchez Cantón sobre un roteiro literario que rematou cun encontro con Fran Alonso nunha terraza de Pontevedra

Un encontro co escritor Fran Alonso na terraza do Café Blanco y Negro de Pontevedra, que incluíu un recital do seu libro de poemas  Terraza, constituíu o punto final dun roteiro literario pola cidade que o profesorado do IES Sánchez Cantón organizou co alumnado de 4º da ESO dentro do proxecto «Rúas literarias en Pontevedra». O IES Sánchez Cantón publicou

Read more

Alumnos/as de 1º da ESO do IES San Mamede gravan poemas de «O meu gato é un poeta» en audio

No IES San Mamede, de Maceda (Ourense), os alumnos e alumnas de 1º da ESO recitaron poemas do libro O meu gato é un poeta que foron gravados posteriormente e publicados no blog O cartafol do vento, do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.   Así mesmo, reproducimos un vídeo da estudante Águeda Silva, recitando un poema de Cidades no Certame

Read more

Un estudante do IES de Lalín le e recensiona 5 libros de Fran Alonso

Un alumno de Secundaria do IES de Lalín, David González Sampayo, leu e recensionou cinco libros de Fran Alonso durante o curso escolar 2014/2015. Reproducimos, a continuación as súas opinións sobre os libros que leu: Silencio, A punta de pistola, Cemiterio de elefantes, Cartas de amor e Males de cabeza.   Silencio As estelas dos ronseis. Comentario de David González Esta historia

Read more

Os poemas preferidos dos estudantes que len «Poetízate»

A profesora e crítica Gracia Santorum publicou no blog As estelas dos ronseis as opinións dos seus alumnos e alumnas sobre Poetízate, de Fran Alonso, elixindo os poemas que máis lles gustaban a partir dun traballo didáctico.   Poetízate Despois de lermos Poetízate, o comentario a facer é ben diferente. Escollen un poema segundo uns parámetros e logo procuran cal é do

Read more

Fran Alonso, entre os autores máis lidos nos Clubs de Lectura dos centros de ensino

O blog Ler en mancomún publica unha información da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia que dá a coñecer o listado de autores e autoras máis lidos nos Clubs de Lectura dos centros de ensino de Galicia neste último curso escolar. Fran Alonso, con 16 títulos, sitúase nos primeiros postos dos autores/as con maior presenza nos clubs de lectura, o

Read more

Anotación de Ramón Nicolás sobre a presentación da novela «Silencio» no IES de Valadares

Ramón Nicolás publicou no seu blog, Caderno da crítica, unha anotación sobre a presentación de Silencio, de Fran Alonso, que tivo lugar no  IES Valadares de Vigo e se retransmitiu por videoconferencia ao IES Saturnino Montojo de Ferrol.   Presentación de «Silencio», de Fran Alonso, por videoconferencia Resultou unha actividade moi interesante, e penso que satisfactoria, a presentación por videoconferencia,

Read more

A novela «Silencio» preséntase por videoconferencia ante o alumnado dun instituto de Vigo e outro de Ferrol

A novela Silencio, de Fran Alonso, publicada na colección Fóra de Xogo, será presentada mañá ás 10,30 da mañá por videoconferencia ante o alumnado dun Instituto de Vigo e outro de Ferrol. O encontro terá lugar no IES Valadares de Vigo, desde onde será retransmitido ao IES Saturnino Montojo de Ferrol, que participará de forma activa. No acto de presentación

Read more

Fran Alonso participou no II Encontro Poético Enredando Versos en Tui

Fran Alonso participou o pasado 8 de maio no II Encontro Poético Enredando Versos que se celebrou na vila de Tui coa presenza de 250 estudantes procedentes de 5 institutos de diferentes lugares de Galicia.  Canda Fran Alonso participaron tamén as poetas galegas Lucía Aldao, Rosalía Fernández Rial, María Lado e Elvira Riveiro, así como o grupo Xardín Desordenado. Procedentes

Read more

«Poetízate», de Fran Alonso: opinión dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis as opinións dos seus alumnos e alumnas sobre a antoloxía de poesía galega Poetízate, feita por Fran Alonso. Poetízate Comentario de Tamara Pereiras Antes de ler este libro, para min, o concepto de poesía era sinónimo de aburrimento, peron cando comecei a lelo, decateime de que a poesía é algo realmente marabilloso.

Read more
1 2