Fran Alonso publica «Silencio», unha novela de suspense sobre feitos que nunca imaxinamos
Silencio, de Fran Alonso, é unha novela de suspense sobre feitos que nunca imaxinamos, publicada por Xerais na colección Fóra de Xogo.
Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio.
A través dunha atmosfera intrigante, Silencio configúrase como unha novela de suspense que nos conta unha historia próxima ao misterio e ao desacougo urbano.
Coa súa capacidade habitual para transportarnos aos lugares máis sorprendentes e cun estilo directo, breve e conciso, en Silencio Fran Alonso non deixa lugar para o respiro.
Todo sobre «Silencio» no taboeiro de Fran Alonso en Pinterest