O que di a crítica sobre «A punta de pistola»

Da acción á reflexión
Coa súa nova novela, A punta de pistola, o escritor Fran Alonso ofrécenos un libro para todos os públicos que recibiu o Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia. Novela de acción, con elementos de road movie ou de novela negra, pero que tamén suscita unha reflexión en torno á desestruturación familiar, a educación ou a marxinalidade, A punta de pistola publícase na colección Fóra de Xogo e está a ter unha magnífica acollida.

E, canda estes aspectos, a crítica resalta a reflexión que a novela quere provocar en torno á desestruturación familiar ou social, ao valor da educación, á igualdade de xénero, á innovación, ao maltrato na infancia, ás novas tecnoloxías ou á marxinalidade social.
- Neste enlace accédese a toda a información, actualizada, sobre a novela no blog de Xerais.