Os poemas preferidos dos estudantes que len «Poetízate»

Poetízate

A profesora e crítica Gracia Santorum publicou no blog As estelas dos ronseis as opinións dos seus alumnos e alumnas sobre Poetízate, de Fran Alonso, elixindo os poemas que máis lles gustaban a partir dun traballo didáctico.

 

Poetízate

Despois de lermos Poetízate, o comentario a facer é ben diferente. Escollen un poema segundo uns parámetros e logo procuran cal é do seu agrado.

Anxo Gil Figueiras:

O libro achegoume á poesía, cando eu pensaba que era aburrida. A poesía de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal xa a coñecía, pero hai varios autores que coñecín con este libro e que me gustaron, como Antonio Noriega Varela, Alfonso Pexegueiro, Antonio García Teijeiro, Antón Lopo, Xabier Santiago ou Kiko Neves.
A poesía de Ramón Cabanillas e Álvaro Cunqueiro tamén me gustaron moito, especialmente o último. Houbo poemas, como o de Celso Emilio Ferreiro, O lóxico, que eran moi bos, e contaban moitas verdades. Tamén me dei de conta de que moitos dos poemas do libro de galego deste ano e de cursos anteriores aparecen en Poetízate. Foi un libro co que cambiou o meu concepto da poesía.

  • O poema máis divertido foi Unha moto que vira para a esquerda derrapa e cai, De Xabier Santiago, Derrapa e cai, porque me pareceu moi absurdo e gracioso a primeira vez que o lin.
  • O poema máis sentimental foi Cuspe, de Antón Lopo, Fálame, porque os pais o despreciaban por ser poeta, e el sentía a poesía.
  • O poema máis misterioso foi O que máis me gusta da poesía son os silencios, de Kiko Nieves, Ruído de motos, porque argumenta a beleza do silencio.
  • O poema máis erótico foi Domingo,18, de Kiko Neves, Un Poema de Amor, porque é moi porco.
  • O poema máis amoroso foi Voz sen verbas, de Antonio García Teijeiro, na fogueira dos versos, porque argumenta que el sen ela vive nun inferno.
  • O poema máis triste foi xogamos aos galegos? de Carlos Solla, Holocausto zacoe, porque conta dun modo realista a historia do galego.
  • O poema máis alegre foi Marihuana, de Manuel Rivas, ningún cisne, porque relata dun xeito moi optimista o cultivo dunha droga ilegal.
  • O poema máis rítmico foi Sombras, de Xosé María Álvarez Cáccamo, lúa de pan, porque ten moita musicalidade e ritmo, e gustoume moito.
  • O que máis me gusta da poesía:

—Os silencios. Kiko Nieves, Ruído de motos.
—Unha moto que segue de frente derrapa e cai. Xabier Santiago, Derrapa e cai.
—Para que queredes un poeta vivo se non sabedes que facer con el. Alfonso Pexegeiro, Blasfemias de silencio.
—Non teño ganas de ti. Carlos Negro, Penúltimas tendencias.
—Ningúen me prohibirá nunca estar soa. Lupe Gómez, Os teus dedos na miña braga con regra.
—5 Razóns polas que cortaría contigo, Carlos Negro, Penúltimas tendencias.
—Escribir felicidade é sobreactuar, David Rodríguez, Lapidarias.
—Xogamos aos galegos? Carlos Solla, Holocausto zacoe.
—Aos nove meses pariu un cartón de tabaco, Xiana Arias, Ortigas.
—Quero sentarme en coiro sobre campos de vacas e néboa. Lupe Gómez, Os teus dedos na miña braga con regra.

  • O poema máis atrevido foi O lóxico, de Celso Emilio Ferreiro, Ceminterio privado, porque me pareceu un atrevemento o poema, poñendo en evidencia o dito popular.
  • O meu poema favorito foi “Cuspe”, porque reflexa os sentimentos dun verdadeiro poeta, e gustoume moito.
  • O poema máis sorprendente foi Non teño ganas de ti, de Carlos Negro, Penúltimas tendencias, porque é un poema de amor un tanto peculiar, afirmando que non quere ver ao seu amado.

Adrián Mato:

  • O poema máis divertido de todo o libro foi “O Preguntón” de Celso Emilio Ferreiro. Fíxome reflexionar, e é verdade que as veces por querer saber demais metémonos en leas.
  • O poema máis atrevido de todo o libro foi “E entre tantos recheos” de María Reimóndez. Trata un tema moi presente na actualidade e critica que a xente non se aproba así mesma polo que é.
  • O poema máis sorprendente de todo o libro foi “Excelsior” de Manuel Antonio. Nunca vira un poema desa forma.
  • O poema máis sentimental de todo o libro foi “Lingua que rexeitaron os meus pais” de Antón Tovar. Trata o tema da decadencia da lingua galega que é moi importante.
  • O poema máis misterioso de todo o libro foi “O que amo é o amor” de María Xosé Queizán. Nin el mesmo é quen de definir o que é o amor, e creo que iso é un misterio para nos. Que é o amor?
  • O poema máis erótico de todo o libro foi “Definición” de Lupe Gómez. Define ven a sexo.
  • O poema máis amoroso de todo o libro foi “O amor”de Lupe Gómez. Define moi ben o que e o amor por medio de metáforas pero en realidade proseguimos sen saber, que e o amor? Quizá o amor sexa unha metáfora.
  • O poema máis triste de todo o libro foi “Os mozos” de Manuel Curros Enríquez. É unha crítica moi boa da urbanización e o triste abandono do campo.
  • O poema máis alegre de todo o libro foi “Sombras” de Xosé María. A pesar de que é un poema que expresa o medo dun rapaz, os versos discorren moi alegremente.
  • O poema máis rítmico de todo o libro foi “Amor de auga lixeira” de Álvaro Cunqueiro. Gústame lelo unha e outra vez e logrou que o seu ritmo sexa moi apegadizo.
  • Todos estes poemas gustáronme moito pero sen dúbida o poema que máis me gustou foi “Autopsia” de Carlos Negro. A metáfora é moi evidente e reflexa un dos maiores problemas da sociedade, o consumo de alcohol e drogas e a condución baixo a influencia destas substancias, ademais da irresponsabilidade da xuventude.

Noelia Blanco Pájaro:

  • O poema máis divertido de todo o libro foi “Quérote como aquel home´´ de Raúl Gómez Pato porque me resultou moi gracioso.
  • O poema máis atrevido de todo o libro foi “Quero sentarme´´ de Lupe Gómez porque so mirar o título do libro me parece un tema que non se soe tratar con normalidade.
  • O poema máis sorprendente de todo o libro foi “Escelsior´´ de Mnuel Antonio porque non pensei que iso puidera ser poesía.
  • O poema máis sentimental de todo o libro foi “Xaneiro 1972 II´´ de Celso Emilio Ferreiro porque ó lelo, é un dos que máis vivo.
  • O poema máis misterioso de todo o libro foi ”Máis que un poema” de Chus Pato porque creo que son dous versos que esconden moito detrás.
  • O poema máis erótico de todo o libro foi “Tócome” de Rosalia Fdez Rial polo vocabulario que emprega.
  • O poema máis amoroso de todo o libro foi ”Quérote como o meu bisavó” de Raúl Gómez porque demostra amor dunha maneira moi sinxela.
  • O poema máis triste de todo o libro foi ”Agora´´ de Xoán Abeleira porque fala dun desamor moi sufrido.
  • O poema máis alegre de todo o libro foi “Tódolos bebés son tú e ningún coma ti” de Xela Arias porque mostra esa alegría dunha nai cara un fillo.
  • O poema máis rítmico de todo o libro foi “Subiote´´ de Xosé Neira Vilas porque Carlos Negro nun obradoiro leuno cantando con moito ritmo e agora que o vexo sempre me lembro e leo o poema cantando.
  • O poema que máis me gustou de todo o libro foi “Xaneiro 1972 II” porque foi un poema que me transmiteu moito e que Celso Emilio Ferreiro soupo como escribir para que nós o sentiramos.
  • O poema que menos me gustou de todo o libro foi “Xogo ruín´´ de Luís Pimentel porque quizáis non o entendín moito.

Cristian Domínguez Vázquez:

  • O poema máis divertido de todo o libro é o de Ramón Cabanillas,O Rei tiña unha filla porque foi o poema co que máis me rin.
  • O poema máis atrevido de todo o libro é o de Luís Amado Carballo,Festa porque foi no cal o autor parece ser moi atrevido coas suas palabras,
  • O poema máis sorperendente é o de Luz Pozo Garza,A ave da luz sabe porque foi o k máis me sorprendeu pola estructura do poema.
  • O poema máis sentimental de todo o libro é o de Antonio García Teijeiro,Voz sen verbas porque foi o poema que me chegou ao corazón.
  • O poema máis misterioso de todo o libro é o de Manuel Antonio,Excelsior porque foi o poema que non entendera ao principio.
  • O poema máis erótico de todo o libro é o de Lupe Gómez,Cerámica porque foi o poema que me pareceu máis erótico e que non trata outra cousa.
  • O poema máis amoroso é o de Celso Emilio Ferreiro,Xaneiro 1972 II porque foi o poema que máis amor transmite.
  • O poema máis triste é o de Verónica Martínez,De súpeto porque este poema foi o que me fico chorar cando o lin
  • O poema máis alegre é o de Rosalía de Castro,Xan porque foi o poema que me transmitiu alegría e temen o lin con alegría.
  • O poema máis rítmico é o de Antón Reixa,Follow me porque foi o pema que lin con ritmo.
  • O poema que máis me gustou doi libro foi o de Darío Xohán Cabana,Por amor porque foi co que máis me relaciono e o que menos me gustou foi o de Manuel Rivas, Welcome porque non me fixo sentir nada.

X. Manuel Fdez Taboada:

  • O poema máis divertido de todo o libro foi O lóxico do libro “Ceminterio privado” de Celso Emilio Ferreiro porque fíxome gracia que este gran autor, fixera referencia a frase ” En todas as partes se cocen fabas” dicindo que eso era imposible xa que cada minuto no mundo morrían cen persoas.
  • O poema máis atrevido de todo o libro foi Cerámica do libro “Pornografía” de Lupe Gómez porque eu creo que o título do libro xa o di todo e a frase do poema tamén “Costruímos o sexo cos nosos dedos” a verdade é que para ser un poema tan curto pareceume moi atrevido polo que me fixo sentir cando o lin.
  • O poema máis sorprendente de todo o libro foi Excelsior do libro “De catro en catro” de Manuel Antonio porque a forma que o autor lle deu ao poema chamoume moito a atención aínda que realmente o único que había escrito nel era a frase “Eu son” en distintos idiomas o cal aínda me sorprendeu máis.
  • O poema máis sentimental de todo o libro foi Nai do libro “Do sulco” de Xohana Torres porque este poema a verdade e que fíxome reflexionar o importante que pode ser para ti unha nai e que aínda que crezas vai seguir sendoa, e como unha nai un pai, eles sempre van estar ahí cando o necesites.
  • O poema máis misterioso de todo o libro foi Non coidarei xa os rosales do libro “Follas novas” de Rosalía de Castro porque a verdade non comprendín moi ben por que a autora decía que se ela morría , os rosales e os pombos tamén tiñan que morrer como morría ela. A verdade é que causoume certas dúbidas este poema e pareceume moi misterioso.
  • O poema máis erótico de todo o libro foi Definición do libro “Pornografía” de Lupe Gómez porque a verdade pareceume que a definición que lle deu ao sexo é moi boa xa que se a ves dunha forma realista creo que che fai pensar o excitante e gustoso que sería.
  • O poema máis amoroso de todo o libro foi Domingo, 18 do libro “Un poema de amor” de Kiko Neves porque nel móstrase todo o que se queren as dúas persoas aínda que ao final se acaba cansando o home dela, pero creo que entre eles dous (sobre todo por parte dela) veuse todo o que se querían.
  • O poema máis triste de todo o libro foi As veces digo amor do libro “Sétima soidade” de Pilar Pallarés porque penso que no amor é onde máis dano se pode facer e neste caso , pareceume moi triste a desesperación que sinte porque o chico que lle gusta non lle fai caso e creo que eso é algo que nos ten pasado a todos.
  • O poema máis alegre de todo o libro foi A do libro “Calados esconxuros” de Antón Tovar porque nel móstrase un lugar donde todo é de pedra e non hai río, polo que, como se di no poema “Pedra feliz repouso ledo”.
  • O poema máis rítmico de todo o libro foi Jazz do libro Morte do fadista de Manuel Forcadela porque gustoume moito a forma de expresarse o poeta cando di que vai tocar, e o único que ten que facer e subirse ao escenario e deixar que o corpo baile procurando co ritmo percorra todo o teu corpo.
  • O poema que máis me gustou foi Escribir felicidade do libro “Lapidarias. Os versos escuros” de David Rodríguez. Nel básicamente o que se di é “Escribir felicidade é sobreactuar” aínda que é moi curto gustoume moito porque pareceume unha verdade moi grande e que moita xente non se da conta de que iso e así.
  • O poema que menos me gustou foi Xogo ruín do libro”Sombra do aire na herba” de Luís Pimentel . Simplemente polo feito de que o que contaba o poema pareceume moi desagradable e non me apetecía ver como remataba, xa que quedei pensando como sería se nos fixesen a nos iso.

Noelia García:

  • O poema máis divertido de todo o libro foi Unicornio de cenoria que cabalgas os sábados, porque se expresa con confianza e despreocupación.
  • O poema máis atrevido de todo o libro foi Epiderme ( Tríptico) porque cando o les podes imaxinar distintas cousas, non aclara nada.
  • O poema máis sorprendente de todo o libro foi Os teus dedos na miña braga con regra, porque creo que non e moi habitual oír iso xa que case non se fai, sentarse en coiro nun prado.
  • O poema máis sentimental de todo o libro foi Pornografía (O amor), porque expresa con moito sentimento o que pensa e sinte.
  • O poema máis misterioso foi O son da xordeira (Soa), porque di cousas misteriosas, coma facendo entender al soidade dunha persoa que non se acorda ninguén dela.
  • O poema máis erótico de todo o libro foi Pornografía (Cerámica) porque da significado a forma de pensar do poeta que é para el o sexo.
  • O poema máis amoroso de todo o libro foi porque fala dunha maneira moi bonita do que é para el esa rapaza, o que lle fai sentir. H)
  • O poema máis triste de todo o libro foi Poemas da cidade oculta (E atravesados pola barriga) porque entendín que duas persoas o estan a pasar mal.
  • O poema máis alegre de todo o libro foi O gato branco porque o poema ten moito ritmo e liberdade..
  • O poema máis rítmico de todo o libro foi A rosa de ven follas (O rei tiña unha filla) porque ten rima e soa ben ao dicilo.
  • O poema que mais me gustou foi,Onde o mundo se chama Celanova, dame moito que pensar, imaxinar, gustame moito a expresión, o sentimentalismo, ao lelo varias veces quedaseche na cabeza porque é bastante rítmico e repetitivo, por iso é pegadiza, chegache ao corazón porque di cousas sentimentais e bonitas.
O poema que menos me gustou foi Todas as mulleres que fun, non me gustou nada porque non o entendín só hai nomes de mulleres e co título do poema non son capaz de entender o que quere dicir iso. Os nomes e apelidos, non son moi coñecidos nin fáciles de entendir nin pronunciar.

Álvaro Diéguez:

  • O poema máis divertido de todo o libro foi O año pitaño de X.M.Álvarez Blázquez porque son divertidas as rimas que fai cos animais.
  • O poema máis atrevido de todo o libro foi Welcome de Manuel Rivas porque antes era moi frecuente pegar aos fillos por unha trasnada pequena.
  • O poema máis sorprendente de todo o libro foi A ave da luz sabe de Luz Pozo Garza porque é rara a forma en que o autor reflexa o poema, e resulta raro ao lelo.
  • O poema máis sentimental de todo o libro foi Por que, miña almiña? De Rosalía de Castro porque cando o les dache que pensar sobre a vida ,co que escribe nos seus poemas.
  • O poema máis misterioso de todo o libro foi Follow me de Antón Reixa porque non entendo o que quere transmitir o poeta no seu poema.
  • O poema máis erótico de todo o libro foi Cerámica de Lupe Gómez porque transmite cousas do sexo que a xente adolescente lle fai rir.
  • O poema máis amoroso de todo o libro foi Campanas de Luís Amado Carballo porque me gustou a forma en que expresa o amor nese poema, bañando o corazón.
  • O poema máis triste de todo o libro foi Ós mozos ,de Manuel Curros Enríquez porque ahora á xente xa non lle gusta a aldea e todos van ás cidades,cada vez vai haber menos xente nos pobos ata que se extingan.
  • O poema máis alegre de todo o libro foi Quérote miña avoa de Raúl Gómez Pato porque me acordo de cando era pequeno e estaba ca miña avoa na cocinña mentres ela facía filloas.
  • O poema máis rítmico de todo o libro foi Xaneiro 1972,II porque a forma en que repite Moraima dalle ritmo o poema e fai que resulte mais doado de ler.
  • O poema que mais me gustou foi o de Rosalía de Castro de Follas novas( Por que miña almiña?) porque a min os poemas de Rosalia chegame o corazón, cando os leo danme ganas de chorar,rir e sobre toodo de poñerme ao carón daquela xente que xa non está aquí ao meu lado.
  • E o poema que menos me gustou foi o de Máis que un poema de Cus Pato porque para min esto non é un poema e tamén non lle vexo moito sentido ao que di e non o entendo.

Francisco Rodríguez:

1. O poema máis divertido de todo o libro foi “Elevar as pálpebras” de Yolanda Castaño (Abecedarios baleiros) porque pareceume moi entretido e orixinal o feito de que cada verso comeze por unha letra do abecedario ata acabalo, o que me facía querer saber como se as inxeniaría para facer un verso con cada letra a medida que ía lendo.
2. O poema máis atrevido de todo o libro foi “Makinaria” de Carlos Negro (Autopsia), porque pareceme unha forma moi directa de denunciar, na actualidade, o excesivo consumo de drogas nos adolescentes e ensinarlles ,tamen de forma moi directa e contundente as consecuencias dos seus actos.
3. O poema máis sorprendente de todo o libro foi o de “De catro a catro” de Manuel Antonio (Excelsior) porque, ademais da súa incrible estructura, tendo en conta que é un poema, atrae a calquera. Sorprendeume moitísimo o feito de mesturar varios idiomas.
4. O poema máis sentimental de todo o libro foi “Follas Novas” de Rosalía de Castro (A un batido, outro batido), porque se poñen os sentimentos a flor de pel e o lector podeos sentir moi ben.
5. O poema máis misterioso de todo o libro foi ” Sucede ” de Daniel Salgado, porque no momento que o lin, creou en min un enorme desacougo por non chegar a entender de todo o sentido que se agochaba tras esas palabras.
6. O poema máis erótico de todo o libro foi “Epiderme” de Lucía Novas( Tríptico), porque o seu lenguaxe é sensual e eu entendo continuas referencias a accións que poderían pasar perfectamente entre unha parella.
7. O poema máis amoroso de todo o libro foi ” Makinaria” de Carlos Negro (Power Racing Love) porque mostra o amor entre duas persoas onde unha se declara e a outra reacciona coma se o seu corpo semellase un coche.
8. O poema máis triste de todo o libro foi “Far West” de Carlos Negro, porque reflicte unha gran verdade que está a pasar hoxe en día que é a violencia de xénenro e que é un tema que non debería acontecer xamais.
9. O poema máis alegre de todo o libro foi “Follas Novas” de Rosalía de Castro (Xan), porque o contido dunha parella de campo pareceme que teñen un ambiente e unha vida moi alegres a pesares de ter que lidiar cos seus fillos.
10. O poema máis rítmico de todo o libro foi “Cantiga nova que se chama Riveira” de Álvaro Cunqueiro, porque a medida que o recitaba encontrei nel unha certa musicalidade que me lembrou o ritmo dunha das miñas cancións favoritas.
11. O poema que máis me gustou de todo o libro foi “Penultimas tendencias” de Carlos Negro porque, ademais de considerarme un fan deste poeta, este poema ten ese punto de denuncia e ese punto de fantasía que a min encantame que o teña un libro, poema ou calqueira relato.
12. O poema que menos me gustou de todo o libro foi “O son da xordeira” de Antía Otero, porque ademais de non entendelo moio non me atraeu para nada, cousa que si fixeron, máis ou menos, case todos os outros poemas.

Vanesa Lalin:

  • O poema máis divertido de todo o libro foi: Televisión de Manual Rivas (Ningún Cisne ) porque a nai do protagonista pensa na pobre señora que tera que fregar todo o chan do Empire State en vez de asombrarse polo bonito que é ese monumento .
  • O poema máis atrevido de todo o libro foi: Quero sentarme de Lupe Gómez ( Os teus dedos na miña braga con regra ) porque me transmite ideas moi extrovertidas que me fan dar conta de que o protagonista do poema debía ser moi valente .
  • O poema máis sorprendente de todo o libro foi : Sombras de Xosé María Álvarez Cáccamo ( Lúa de pan ) porque nos acaba deixando cun final aberto , no cal a nosa imaxinación empeza a crear un monstro a través das palabras do poema . E tamén porque é unha das poucas obras nas que parece que volves a ser un meniño inventando monstros imaxinarios .
  • O poema máis sentimental de todo o libro foi : Xaneiro 1972 , II de Celso Emilio Ferreiro ( Onde o mundo se chama Celanova ) porque me parece moi bonito a maneira na cal o autor espresa os seus sentimentos de amor de cara a súa namorada Moraima .
  • O poema máis misterioso de todo o libro foi : Máis que un poema de Chus Pato ( Nínive ) porque a autora ten unha forma moi rara de expresarse , xa que para elo ela usa soamente dou versos que deixan a xente ca boca aberta como se esperaran algo máis .
  • O poema máis erótico de todo o libro foi : Cerámica de Lupe Gómez (Pornografía) porque con él podemos dar renda solta a nosa imaxinación máis reprimida.
  • O poema máis amoroso de todo o libro foi :Deitado frente ao mar de Celso Emilio Ferreiro ( longa noite de pedra ) porque é un poema que fala do amor hacia Galicia .
  • O poema máis triste de todo o libro foi: Ósos de muller de Marta Dacosta ( As amantes de Hamlet ) porque nel dise todo o sufrimento que ten que pasar unha muller ao longo da súa vida, e os malos momentos que nela pasa .
  • O poema máis alegre de todo o libro foi : O año pitaño de X. M. Álvarez Blázquez ( Roseira do teu mencer ) porque cando me poño a e lelo alegrate e dache ganas de saltar e rir sen parar .
  • O poema máis rítmico de todo o libro foi : Subiote de Xosé Neira Vilas (Cantarolas ) porque me pareceu moi boa a idea de combinar versos de unha palabra ou como máximo duas . Ademáis o poema ten un pequeno toque de musicalidade.
  • O meu poema preferido é:

Quérote como o gato que durmía
a carón da lareira,
despistadamente
pero cun ollo no rato .
De Raúl Gómez Pato ( Choiva , vapor e velocidade ), neste gústame moito a maneira na que o autor se dirixe o amor , que en verdade ten razón , xa que todos os namorados andan co ollo na súa namorada . E ademáis o poeta ten una forma moi particular de representar o amor , debido a que utiliza animais en vez de persoas para facer isto , o cal me parece moi divertido. O lelo faime sentir o bonito que é o amor , e as moitas formas divertidas coas que se pode representar .

  • O poema que menos menos me gusta é: “Lapidadas

Como ovellas que van o matadeiro
camiñades as serdes lapidadas
en reas, silenciosas e humilladas ,
baixo a mirada atenta do carneiro …….
De Marica Campo (Mulleres) , este non me gusta nada xa que me fai sentir os malos que poden chegar a ser os homes maltratando así as mulleres . Penso que seguramente este poema intenta defender as mulleres , a mín esta idea paréceme boa, pero o que non me gusta deste poema e que me fai recordar todas as mulleres que cada minuto son maltratadas no mundo, e que calan por medo a que os seus maridos lles sigan pegando , debido a esto non me agrada moito o poema .

Julia Cacheda Couto:

-O poema máis divertido de todo o libro foi “O preguntón” de Celso Emilio Ferreiro porque ten un final que me fixo rir.
-O poema máis atrevido de todo o libro foi “Escelsior” pola forma na que esta escrito.
-O poema máis sorprendente de todo o libro foi “O que máis me gusta da poesía” porque non me esperaba atopar nada así neste libro e ten razón,o 90% da literatura deberían ser silencios.
-O poema máis misterioso de todo o libro foi “máis que un poema” porque nesas tres palabras agocha moito máis.
-O poema máis erótico de todo o libro foi “Sostívente nunca gasa de ás de gaviota” porque fala de temas sexúais con palabras distintas.
-O poema máis sentimental de todo o libro foi “Cando ela dorme” porque a forma na que describe o que sente faite suspirar.
-O poema máis amoroso de todo o libro foi “Domingo 18″ porque mostra como a persona indicada faiche perder os papéis.
-O poema máis triste de todo o libro foi “Agora” porque tan pronto o lees faiseche un nudo terrible no estómago.
-O poema máis alegre de todo o libro foi “Power Racing Love” porque a forma na que fala do amor faite sorrir.
-O poema que máis rítmico de todo o libro foi “Sombras” porque é remotamente imposible que non o leas cantando.
O meu poema favorito é “Agora” porque e o único que remateí de ler e reeleíno unha, outra e outra vez, porque me sinto identificada con el e de todos os que lín é o que máis me transmite.
Non podo escoller o poema que menos me guste porque non hai ningún ao que poda definir como “o peor” xa que non hai nin un só tan terriblemente malo.

Alberto Blanco:

1- O poema máis divertido de todo o libro foi Cociño a todas horas para precipitar os alimanetos cruz de María do Cebreiro porque converte en poesía unha receita de cociña.
2- O poema máis atrevido de todo o libro foi O poéma é unha pedra na cabeza de Ronseltz porque fala dos “perigos” da poesía para as persoas.
3- O poema máis sorprendente de todo o libro foi Escelsior de Manuel Antonio porque este poema pareceume sorprendente pola súa estructura en forma de caligrama que imita un compás cos puntos cardinais.
4- O poema máis sentimantal de todo o libro foi ¿Non coñeces o mar? De Álvaro Cunqueiro porque faime sentir a brisa mariña, o olor do mar e o descubrimento do mar por primeira vez.
5- O poema máis misterioso de todo o libro foi Máis que un poema de Chus Pato porque non chego a comprender o que quere transmitir a autora.
6- O poema máis erótico de todo o libro foi Definición de Lupe Gómez porque compara o sexo coa sensación de perigo e aventura.
7- O poema máis amoroso de todo o libro foi O amor de Lupe Gómez porque describe o impacto que sentimos cando nos namoramos e a dor do rexeitamento.
8- O poema máis triste de todo o libro foi Autopsia de Carlos Negro porque fala da norte dun mozo que se podía evitar.
9- O poema máis alegre de todo o libro foi Festa de Luís Amado porque describe o mobemento que da comezo á festa.
10- O poema máis rítmico de todo o libro foi Deitado frente o mar… de Celso Emilio Ferreiro porque o autor emprega moitas repeticións e paralelismo que lle dan ao poema un ritmo moi marcado.
O poema que máis me gustou foi “Autopsia” de Carlos Negro porque trata sobre unha das miñas afeccións favoritas: os coches, pero tamén fala dos perigos que se poden sufrir se non se actúa con responsabilidade.
Áinda que se trata dun poema breve, é intenso e directo por iso o escollín.
O poema que menos me gustou foi “A noite é necesaria” de X. Mª Díaz Castro porque non entendín o que quere transmitir o poeta e ademáis paréceme un poema triste e escuro.

Cristina Costela Seara:

1. O poema máis divertido de todo o libro foi “O poema é unha pedrada na cabeza” de Ronseltz porque utiliza o estereotipo de que a poesía só e para uns cantos tolos, para facer un poema dicindo que a poesía é perigosa e é necesario usar un casco
2. O poema máis atrevido de todo o libro foi “Power Racing Love” de Carlos Negro porque expresa o sentimento amoroso, utilizando palabras que forman parte dun coche, a verdade é que me pareceu unha idea bastante arriscada.
3. O poema máis sorprendente de todo o libro foi “Roupa” de Luísa Villalta porque me pareceu un poema bastante orixinal, esta poeta utiliza a cidade como se fora unha persoa que se viste, se maquilla.
4. O poema máis sentimental de todo o libro foi “Envellecer” de Ana María Fernández porque me recordou aos meus avós, cando era pequena que se inventaban historias para contarme, agora cóntanme cousas de cando eles eran pequenos… e envellecendo devagar, ninguén lle saca o sorriso, gustoume moito esa frase do poema.
5. O poema máis misterioso de todo o libro foi “Far Blues” de Luz Pozo Garza porque ao comezar a elo,ía lendo liña a liña con intriga, querendo descifrar o que nos quere transmitir a autora.
6. O poema máis erótico de todo o libro foi “Tócome” de Rosalía Fernández Rial porque fala sobre unha experiencia amorosa .
7. O poema máis amoroso de todo o libro foi “Moraima” de Celso Emilio Ferreiro porque ao lelo transmitiume ese sentimento que ten o autor ao dicir “Moraima”.
8. O poema máis triste de todo o libro foi “Nai” de Xohana Torres porque me fixo pensar no que supón a perda dun ser querido, e máis dunha nai. Tamén pensei, no amor e cariño que nos da unha nai e foi un poema que me chegou.
9. O poema máis alegre de todo o libro foi “Lúa” de Luís Amado porque me pareceu unha maneira bonita de explicar que a lúa sae de noite e polo día escóndese.
10. O poema máis rítmico de todo o libro foi “Cando chove” de Antonio García Teijeiro porque ao ler este poema, así sen máis íao lendo con ritmo coma se fose unha canción.

David González Sampayo:

  • O poema máis divertido de todo o libro foi “O Rei tiña unha filla”, de Ramón Cabanillas, porque fala da astucia que ten un home que ama á filla do rei, para quedarse coa súa filla. neste poema aprendes que o poder non ten relación coa intelixencia. Este poema foi o que máis me fixo rir.
  • O poema máis atrevido de todo o libro foi “Xogo ruín”, de Luís Pimentel, porque nel o autor bótalle en cara aos fascistas que só saben crear e reclutar rapaces sen sentimentos e maldade a flor de pel, o que ven durante toda a súa infancia. Tamén é algo triste, pero desde o meu punto de vista, predomina o atrevemento polos motivos que enumerei anteriormente.
  • O poema máis sorprendente de todo o libro foi “Excelsior”, de Manuel Antonio, porque nunca vira un poema coma este. Para empezar cando o vin a primeira vista crin que era un compás no que en vez de norte e sur, aparece como se di eu son en diferentes idiomas. Pareceume o máis sorprendente, sobre todo, porque case todos estamos acostumados a un poema de x versos con rimas consoante e asoante, pero este rompe as normas, aparte de sorprendente, moi orixinal.
  • O poema máis sentimental de todo o libro foi “Nai”, de Xohana Torres, porque narra a sensación de perder a un ser querido tan cdercano e importante, como é unha nai. Creo que este é o poema que che pon a pel de galiña e che pon os sentimentos a flor de pel.
  • O poema máis misterioso de todo o libro foi “A noite é necesaria”, de X. Mª Díaz Castro, porque transmite as sensacións de medo, intriga e misterio que a noite implica. O autor quere transmitir os perigos da noite, combinándoos coas súas cousas boas. O autro di que a noite é necesaria para que un poida ver o medo e o mal dela, pero tamén o arder das estrelas.
  • O poema máis erótico de todo o libro foi “Cerámica”, de Lupe Gómez, porque a pesar de que tan só ten dous versos, ela transmite e expresa perfectamente a “importancia” que poden chegar a ter os dedos e as mans á hora de practicar o sexo ou manter relacións sexuais.
  • O poema máis amoroso de todo o libro foi “Power Racing Love”, de Carlos Negro, porque mediante unha pasión expresa un amor. É dicir, o autor, un amante do motor, expresa o forte amor que sinte cara unha rapaza por medio de palabras propias duntaller de mecánicos, como se estivese personificando un coche.
  • O poema máis triste de todo o libro foi “Véndese nación”, de Carlos Solla, porque fai referencia á perda das costumes galegas. Neste poema a terra galega desvalorízase, é dicir, neste poema faise ver que Galicia (as súas zonas rurais) son regaladas porque a xente emigra cara a cidade e nadie se lembra destas zonas patrióticas.
  • O poema máis alegre de todo o libro foi “E se o meu amor fose excesivo”, de David Rodríguez, porque nel o autor ironiza con que ses se quere de máis a unha persoa, hai que partirse á metade, para querer o xusto. Cando lin este poema rinme porque me gustou a forma de sarcasmo que emprega o autor e creo que se alguén está pasando por un mal momento e le este poema, vaise olvidar dese proble durante un tempo.
  • O poema máis rítmico de todo o libro foi “Xan”, de Rosalía de Castro, porque a súa autora combina moi ben as rimas e este poema léndoo como o leas sempre vai ter un chico de musicalidade e ritmo; e se lle engadimos música xa non falemos.

José Castro Rozas:

  • O poema máis divertido foi o de Eduardo Pondal chamado “Cando Eduardo Pondal” xa que me pareceu realmente gracioso a maneira de aceptarse a si mesmo incluso con cousas das que os demais non gustan.
  • O poema máis atrevido foi o de “Cerámica” de Lupe Gómez xa que a pesar de utilizar poucas palabras fala de temas que non me esperaba nun libro deste tipo.
  • O poema máis sorprendente foi “O puñal de dúas follas” de Ramón Cabanillas xa que me causou sorpresa o seu xeito de pensar no tráxico fin da relación coa sua namorada.
  • O poema máis sentimental foi “Non coidarei xa os rosales” de Rosalía de Castro xa que me parece un xeito curioso de mostrar a súa dor..
  • O poema máis misterioso foi para min o de “Voz sen verbas” de Antonio García Teijeiro porque dun xeito misterioso e poucas palabras deixoume na mente con diversos pensamentos.
  • O poema máis erótico foi “Tócome” de Rosalía Fernández Rial xa que recorda e explica as sencsacións que sentía cando mantiña relacións.
  • O poema máis amoroso na miña opinión foi o de David Rodríguez chamado “E se o meu amor fose excesivo” porque fala da posibilidade de dividirse polo amor.
  • O poema máis triste foi “Autopsia” de Carlos Negro xa que me fai reflexionar sobre a triste adiccción da xente as drogas que, por desgraza, moitas veces salpican a quen non ten nada que ver.
  • O poema máis rítmico foi “Corrente circular” de Gonzalo Navaza porque me gusta a rima que establece entre os versos á vez que mantén a profundidade do poema.
  • Os poemas que máis me gustaron foron en xeral os de Raúl Gómez Pato chamados “Quérote como…” así como o de “Cando Eduardo Pondal” do propio Eduardo Pondal porque me parecron realmente graciosos, algo que non esperaba destes poemas.
  • Non recordo ningún poema que me disgustara especialmente a pesar de que en principio esperábame menos deste libro polo simple feito de ser poesía e porque non me parecera de moito mérito facer unha recopilación, para min o mérito estaba en realizalos pero despois deste libro doume conta de que estaba bastante equivocado. De todos xeitos un dos poemas que menos me gustou foi “Porque a Cidade é Pedra” de Salvador García-Bodaño xa que non me transmite nada especial.
  • Por outra parte un dos versos que máis me gustou foi: “amada, soño teas no algodón dos teus ollos” porque me gustou a maneira que utilizou para transmitir o seu namoramento. Tamén me gustou o verso “teño por norma non pisar o chan” xa que me parece bastante motivador.

Laura Mariño:

  • O poema máis divertido de todo o libro foi “O preguntón” de Celso Emilio Ferreiro, porque se pode aplicar tanto na época do poeta coma na época actual, hai moito sabichón e moi pouco quen conte as cousas.
  • O poema máis atrevido de todo o libro foi “Dos celtas antigos” de Eduardo Pondal, porque é un canto a patria e a liberdade dun pobo.
  • O poema máis sorprendente de todo o libro foi “Marihuana” de Manolo Rivas, porque converte en poema algo tan básico como cultivar marihuana.
  • O poema máis sentimental de todo o libro foi “Cunetas” de Luís Pimentel, porque esperta o recordo dunha época non moi afastada, na que se mataba por defender ideas, ou simplemente por estar no lugar equivocado.
  • O poema máis misterioso de todo o libro foi “Follow me” de Antón Reixa, porque non conseguín entender o que quere expresar, aínda que o podo imaxinar, non é doado entendelo.
  • O poema máis erótico de todo o libro foi “Regrésame do medio das ruínas” de Ana Romaní, porque relata unha escena de paixón.
  • O poema máis amoroso de todo o libro foi “Xaneiro 1972, II” de Celso Emilio Ferreiro, porque non se pode expresar mellor o amor por alguén.
  • O poema máis triste de todo o libro foi “Nai” de Xohana Torres, porque o recordo a unha nai debe ser o máis triste que debe sentir unha persoa
  • O poema máis alegre de todo o libro foi “O lóxico” de Celso Emilio Ferreiro, porque é unha gran verdade o que nos di o poema.
  • O poema máis rítmico de todo o libro foi “Ermo” de Eduardo Blanco Amor, porque presenta rima consonante, que persoalmente é a que máis me gusta, xa que non é fácil que un poema teña sentido e o mesmo tempo rime tan ben.
  • O poema que máis me gustou foi “Deitado frente ao mar..” de Celso Emilio Ferreiro, porque xa o lera antes e é coma un lema para min, non se me ocorre mellor forma de describir o sentimento cara Galiza, que o xeito en que o fai Celso Emilio Ferreiro. Este poema esperta en min sentimentos moi profundos cara a miña terra e cara a miña lingua. Cando leo este poema, síntome identificada co autor e alégrame compartir con el o amor pola miña terra tantos anos despois.
  • O poema que menos me gustou foi “Escelsior” de Manuel Antonio, porque non ten sentido para min, posto que me gusta ler os poemas de xeito tradicional, con versos en liña. De todos xeitos, gústame que apareza a mesma frase en galego, en inglés, en francés e en latín, as linguas máis importantes.

Miguel González Taboada:

  • O poema máis divertido de todo o libro foi: Cando Eduardo Pondal (páxina 21. Autor: Eduardo Pondal) porque gustoume moito a súa maneira de dicir que ten un nariz inmenso e ademáis o poema esta refirido a si mesmo.
  • O poema máis atrevido de todo o libro foi: Deitado frente ao mar (páxina 58. Autor: Celso Emilio Ferreiro) porque a pesar de estar nun momento duro para Galicia expreou as súas opinións que non eran as xeralizadas do momento.
  • O poema máis sorprendente de todo o libro foi: Nocelos (páxina 190.Autor:Antía Otero) porque non me esperaba aparición de cultura extranjera,en este caso Exipcia nun poema dun autor galego.
  • O poema máis sentimental de todo o libro foi: Digo Viet Nam e basta ( paxina 60. Autor: Celso Emilio Ferreiro ) porque trata sobre una guerra moi cruenta de maneira subxetiba e falando das armas d fame da desolación ocurrida nesa masacre.
  • O poema máis misterioso de todo o libro foi: Escelsior (paxina 39.Autor: Manuel Antonio.) porque di: eu son en catro idiomas diferentes colocándoos coma se fosen os puntos cardinais. Para min e un poema misterioso porque non entendo de que trata.
  • O poema máis erótico de todo o libro foi: xaludes (páxina 180. Autor: Olga Novo) porque no seu poema fai referencias eróticas a onde tiña presente o Courel.
  • O poema máis amoroso de todo o libro foi: Esta será na morte ( páxina 180.Autor: Olga Novo) porque neste poema ela di que lle gustaría ser un gato prara ver ao seu amado sete veces.
  • O poema máis triste de todo o libro foi: ós mozos (páxina 24.Autor:Manuel Curros Henríquez) porque fala dunha realidade xeneralizada en Galicia: o abandono dos pobos
  • O poema máis alegre de todo o libro foi: Cabelo-arboreda (paxina 88. Autor: Bernandino Graña) porque fala nun ton alegre do pelo dunha amiga que lle leva a uns lugares felices para el.
  • O poema máis rítmico de todo o libro foi: O año pitaño(páxina 68. Autor: Xose Manuel Álvarez Blázquez) porque ten un ritmo moi marcado e ao estar com posto por pareados que riman verso a verso e una copla ten una rima moi sencilla.
  • O poema que mais me gustou foi: deitado frente o mar porque tratase duns dos poemas mais interesantes de Celso Emilio Ferreiro e que reivindica a fala en galego
  • O poema que menos me gustou foi dificicil de elexir porque gustaronme bastante todos pero creo que o que menos me gustou foi: máis que un poema (páxina 114. Autor:Chus Pato) porque se supón que e un libro en galego e esta o poemiña escrito noutra lingua.

Raquel García:

  • O poema máis divertido de todo o libro foi “Hemorraxia interna” de Lupe Gómez (Pornografía) porque me estrañou que se puidera falar de esas cousas nos poemas.
  • O poema máis atrevido de todo o libro foi “A cousa vermella” de Olga Novo porque me pareceu raro que falara do sexo con esta frase “pero agora vés comer a carne do meu sexo”.
  • O poema máis sorprendente de todo o libro foi “Escelsior” de Manuel Antonio (De catro a catro) porque non lle vin moito sentido ao poema e tampouco sabía que un poema tan sinxelo coma ese se puidera considerar un poema.
  • O poema máis sentimental de todo o libro foi “O amor” de Lupe Gómez (Pornografía) porque na miña opinión esaxera moito o que pasa cando sintes amor.
  • O poema máis misterioso de todo o libro foi “Autopoética” de Ronseltz (Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados) porque non entendín a onde quería chegar e tamén porque non soupen resolver o que pon ao final de que coas iniciais de cada resposta podería formar o pensamente dun xogador do Deportivo.
  • O poema máis erótico de todo o libro foi “Poemas da cidade oculta” de Estevo Creus porque sen falar do sexo a simple vista, indirectamente describe o acto de practicar sexo.
  • O poema máis amoroso de todo o libro foi “Amada,labro versos para ti sen sosego…” de Miro Villar (Abecedario da desolación) porque todo o tempo fala da súa amada con un aquel de desesperacióm.
  • O poema máis triste de todo o libro foi “Bando” de Manuel María (Documentos persoais) porque todo o que di no poema desgraciadamente sucedeu na época de por exemplo meus avós onde practicamente os privaron de liberdade.
  • O poema máis alegre de todo o libro foi “O año pitaño” de X. M. Álvarez (Roseira do teu mencer) porque para min non fai referencia a nada e non me ten moito sentido polo tanto faime graza.
  • O poema máis rítmico de todo o libro foi “Cando chove” de Antonio García Teijeiro (Chove nos versos) porque cando o lín entráronme ganas de entoalo.
  • O poema que máis me chegou ao corazón foi “Nai” de Xohana Torres (Do sulco) porque foi un poema que me fixo reflexionar…reflexionar sobre como pasa o tempo,sempre tan rápido,sobre como todos nos imos facer vellos,sobre como todo chega ao seu fin…e como consecuencia cando chega o fin de alguén que queremos e o duro que é asimilalo.A verdade este poema fíxome reflexionar sobre algo no que prefiro non pensar xa que para min é un tema frío e sobre do que non me gusta nin pensar nin falar porque anque todo sobre o que me fixo reflexionar sexa certo ás veces cústame asimilalo ou non quero asimilalo.
  • O que menos me gustou sinceramente foi “Follow me” de Antón Reixa (Viva Galiza beibe) porque non entendo nada de nada.Ese poema para min está escrito con frases sen moito sentido e que mesmo ás veces non entendo nin en que idioma están escritas.Ás veces ata me resulta gracioso porque non lles atopo sentido xa que as frases non me concordan moito unhas con outras,algunhas non teñen nin sentido.

Daniel Gavieiro Suco:

  • O poema máis divertido foi “De catro en catro” de Manuel Antonio porque no poema utiliza catro idiomas diferentes en forma de cruz.
  • O poema máis atrevido foi “Herba aquí ou acolá” de Álvaro Cunqueiro porque un home quere saír cunha amiga pero esa amiga xa ten mozo.
  • O poema máis sorprendente foi “A torre da derrotA” de Gonzalo Navaza porque dinme conta de que se pode ler tanto como da dereita como da esquerda e iso é moi difícil.
  • O poema máis sentimental foi “As nosas sombras no xardín de Serralves”de Xoán Abeleiraporque expresa a tristeza que sinte unha persoa pola falta de algo.
  • O poema máis misterioso foi “Areados” porque é un poema que te deixa cá pregunta de que será ao que se refire.
  • O poema máis erótico foi “Pornografía” de Lupe Gómez porque fala sobre todo do sexo.
  • O poema máis amoroso foi “Lapidarias.Os versos escuros” de David Rodríguez porque o autor representa o amor que sinte por unha muller.
  • O poema máis triste foi “Nós nus” de Olga Novo porque é un poema no que un home morre pero el non quere morrer por non separarse da muller a que ama.
  • O poema máis alegre foi “Sucede” de Daniel Salgado porque conta o que significa o verán para case todas as persoas,que é unha estación do ano na que suceden moitas cousas divertidas.
  • O poema máis rítmico foi “Ausencias pretéritas” de Miro Villar porque utiliza unha rima asonante con palabras non moi di fíciles.
  • O poema que máis me gustou foi “Nós nus” de Olga novo porque é un poema, que me imaxino que moitas persoas o entenderan, no que unha persoa moi querida para ti morre e ti queres facer todo o posible para impedilo pero non podes facer nada.
  • “Prometo a flor de loto” foi o poema que menos me gustou xa que non o entendín moi ben.Solo me dín conta de que tiña forma de ave pero non me enterei de nada máis.

Andrea Domínguez Dobarro:

1. O poema máis divertido de todo o libro foi Marihuana , de Manuel Rivas porque a falta de saber de alguén ás veces resulta entretido para outra persoa que si que sabe do que está a falar e ten coñecementos sobre iso.
2. O poema máis atrevido de todo o libro foi os Líquidos íntimos , de Olga Novo porque fai una crítica hacia a xente e di verdades que a veces se agochan ainda que sexan obvias.
3. O poema máis sorprendente de todo o libro foi Autopoética , de Ronseltz porque fala de cousas que non teñen nada que ver unas coas outras pero ao final todo está relacionado.
4. O poema máis sentimental de todo o libro foi Quérote coma o meu bisavó , de Raúl Gómez Pato porque en tan poucas liñas expresa todolos sentimentos que pode ter alguén comparándoo con algo distinto.
5. O poema máis misterioso de todo o libro foi E na paixón sorprendeuse , de Ana Romaní porque mestura a loucura coa sorpresa , algo pouco habitual estraño.
6. O poema máis erótico de todo o libro foi Domingo,18 , de Kiko Neves porque utiliza unha linguaxe moi sútil que incluso aínda que o poema non tivese moito sentido , sempre tería un punto erótico.
7. O poema máis amoroso de todo o libro foi Ás veces digo amor , de Pilar Pallarés porque define de distintas maneiras a palabra amor dándolle moitas acepcións facilitando así a súa utilización.
8. O poema máis triste de todo o libro foi Lume no pazo , de Ramón Cabanillas porque expresa a falta de ganas da xente e as consecuencias que isto trae.
9. O poema máis alegre de todo o libro foi Sempre se agarda o verán , de Daniel Salgado porque di todas as cousas boas que poden acontecer nun pequeno período de tempo como é o verán e o moito que se agradece iso.
10. O poema máis rítmico de todo o libro foi Abecedarios baleiros , de Yolanda Castaño porque utiliza moitas repeticións de sonidos , o que colle moito ritmo ao ler.
O poema que máis me gustou de todo o libro foi Os domingos, maiormente , de Kiko Neves porque , principalmente , transmite o significado da felicidade pero exemplificado en acción tan simples como pasear con algué a quen queres.
O poema que menos me gustou de todo o libro foi Follow me , de Antón Reixa porque non acabo de entender o que quere transmitir e aínda sen entendelo non me gusta o seu contido.

María Rodríguez:

1. O poema máis divertido de todo o libro foi “O POEMA É UNHA PEDRADA NA CABEZA” de Ronseltz, porque compara os versos dun poema cunha pedrada.
2. O poema máis atrevido de todo o libro foi “QUÉROTE COMO AQUEL HOME” de Raúl Gómez Pato, porque é demasiado atrevido matar por un marco.
3. O poema máis sorprendente de todo o libro foi “HEMORRAXIA INTERNA” de Lupe Gómez, porque ten unha lectura, para min, un pouco machista.
4. O poema máis sentimental de todo o libro foi “AGORA” de Xoán Abeleira, porque mostra os sentimentos dun amor pasado a historia.
5. O poema máis misterioso de todo o libro foi “COÑEZO UN LUGAR E NON É LENDA” de Eva Veiga, porque é todo un misterio que ós cans lle medre o rabo cando a lúa empreña.
6. O poema máis erótico de todo o libro foi “POWER RACING LOVE” de Carlos Negro, porque compara o amor coas películas porcas dos sábados.
7. O poema máis amoroso de todo o libro foi “CON AUGA DE SEDA VELLA” de Álvaro Cunqueiro, porque consigue namorar con cantigas na primavera.
8. O poema máis triste de todo o libro foi “AUTOPSIA” de Carlos Negro, porque fai referencia a morte dunha persoa de 19 anos nun accidente de coche.
9. O poema máis alegre de todo o libro foi “BOLBORETA” de Francisco X.Fernández Naval, porque o faro ilumina aos mariñeiros.
10. O poema máis rítmico de todo o libro foi “A QUE COÑECE OS NOMES, A QUE DISPÓN O MUNDO” de María do Cebreiro, porque utilizan rima no diálogo amoroso.
11. O meu poema preferido é MARÍA, de Manuel M. Romón, porque cando o leo fai alusión ó meu nome, o cal está espallado por toda Galicia, faime sentir a gusto. Lévame a pensar que teño un nome bonito, o cal estou orgullosa de levalo, grazas a miña avoa, xa que miña nai pensara en poñerme o nome de Xiana.
12. O que menos me gusta é SOSTÍVENTE NUNHA GASA DE ÁS DE GAIVOTA, de Olga Novo, porque foime complicado de entender e non significa nada para min, non me transmite nada.

Paula Vázquez Vázquez:

  • O poema máis divertido de todos foi “Sombras” de Xosé María Álvarez Cáccamo, porque parec un xogo de palabras ou mesmo un mini relato para asustar aos nenos pequenos.
  • O poema mñais atrevido de todos foi “Vou escribir un poema de amor” de Kiko Neves, porque comeza sendo unha conversa erótica entre unha parella e remata sendo unha pelexa entre eles, o cal os separa.
  • O poema máis sorprendente de todos foi “Sempre se agarda o verán” de Daniel Salgado,porque expresa á perfección as emocións das persoas ante o desexo da chegada do verán.
  • O poema máis sentimental de todos foi “O amor” de Lupe Gómes, porque expresa o sentimento triste dunha persoa ante a roptura dun amor e as súas consecuencias.
  • O poema máis misterioso de todos foi “Autopoética” de Ronseltz, porque son frases soltas sen máis e ao final diche como saber a resposta ás frases, pero non cales son, co cal dacge unha pista pero déixate coa intriga de saber o final que terás que resolver ti só.
  • O poema máis erótico de todos foi “Cerámica” de Lupe Gómez, porque usa termos eróticos referindose concretamente ao que desexa expresar.
  • O poema máis amoroso de todos foi “Voz sen verbas:” de Antonio García Teijeiro, porque paréceme precioso e expresa o amor que sente un namorado ou unha naorada ante a súa parella.
  • O poema máis triste de todos foi “Ollando o mar” de Antía Otero, porque fala do cambio dunha paisaxe dunha rapaza a cando se volve muller e os seus sentimentos cara ela.
  • O poema máis alegre de todos foi “Quérote como aquel home” de Raúl Gómez Patao, porque causame gracia leelo e sabes que me recorda a contos que me contaba meu avó.
  • O poema máis rítmico foi “O que amo é o amor” de María Xosé Queizán, porque expresa o sentimento amoroso de xeito metafórico con musicalidade e ritmo.
  • O poema que máis me gustou de todos foi “Dixo:Voumme” de Eva Veiga, porque conmóveme, xa que expresa o sentimento doído de alguén ante a perda dun ser querido e isto faime pensar en sucesos que me ococrreron a min mesma e gústame a súa forma de expresalo, ainda que tamén me gustaron outros poemas do libro de temática amorisa sentimental, este creo que é o meu preferido.
  • O poema que menos me gustou de todos foi “Abecedarios baleiros” de Yolanda Castaño, xa que para min son frases sen máis, que non expresan ningún sentimento nin teñen un significado, o único é que coa primeira letra de cada frase, fórmase o abecedario, pero on me gustou o poema xa ben poruqe non o entendo moi ben e ademáis non me chegou ao corazón nin me exprsou ningúnha sensación ao lelo.

Telmo García:

  • O POEMA MÁIS DIVERTIDO…
    Foi o de Eduardo Pondal que fala da seu propio e enorme nariz. Titúlase “Cando Eduardo Pondal” (p.25) . É gracioso que o mesmo autor descríbase coma un narizón.
    Tamén foi gracioso o da p.157 de Ronseltz que se titula “O poema é unha pedrada na cabeza”. É coma un chiste malo, pero é curioso definir así un poema para despois aconsellarnos o uso dun casco.
  • O POEMA MÁIS ATREVIDO…
    “Cerámica” (p. 184) de Lupe Gómez. É breve, pero moi suxerente…
    Tamén o de Olga Novo “Xalundes”( p.187). Mezcla a descrición dunha cidade cos recordos de O Courel que garda na costura das bragas.
  • O POEMA MÁIS SORPRENDENTE…
    Na p.43 o poema de Manuel Antonio titulado “Escelsior”, por esa forma que recorda aos catro puntos cardinais e por empregar catro linguas diferentes.
    Os de Gonzalo Navaza na p. 128-129 na que se len os versos de dereita a ezquerda e de ezquerda a dereita. Aprendín que se chaman Palíndromos.
  • O POEMA MÁIS SENTIMENTAL…
    “Por que miña almiña” de Rosalía de Castro. Gústame como expresa o sentimento de tristeza de amor.
  • O de Celso Emilio Ferreiro (p.59) “El hermosos rostro del país” é un poema cheo de sentimentos fermosos e tristes sobre Galicia. Gustoume o contraste entre todo o bo que ten a terra galega e o final tan triste que fai referencia á emigración.
  • O POEMA MÁIS MISTERIOSO..
    Porque nono entendín é o de Antón Reixa “Follow me”(p.133) Non sei cal é o seu sentido.
  • O POEMA MÁIS ERÓTICO…
  • O poema “Cerámica” (p. 184) de Lupe Gómez do que falei antes. Refírese aos primeiros pasos que unha persoa da no sexo.
    “Tríptico” de Lucía Novas (p. 196) tamén pareceume erótico porque describe unha caricia con moita pasión e ao mesmo tempo elegancia.
  • O POEMA MÁIS AMOROSO…
    O de David Rodríguez “E se o meu amor fose excesivo”. É breve, pero expresa un amor moi grande. O namorado conformaríase só coa metade con tal de poder seguir amando. (p.190)
  • O POEMA MÁIS TRISTE…
    “Non coidarei xa os rosales” de Rosalía de Castro. Expresa a amargura e tristeza que está a sentir a poeta. (p.24).
    Tamén o de Carlos Negro (p.179) “Autopsia” xa que describe a morte dun xoven nun accidente de tráfico poñendo primeiro datos que soan ben, positivos para despois dar a noticia da morte no último verso.
  • O POEMA MÁIS ALEGRE…
    O de “Subióte” de Xosé Neira Vilas (p. 79) porque describe con moita graza e alegría como é o seu chifre.
  • O POEMA MÁIS RÍTMICO…

O de X.M. Álvarez Blázquez “O año pitaño”. Pareceume moi rítmico coma unha canción de nenos. É pegadizo.
O de Antón Reixa “Follow me” (p.133) tamén me parece moi rítmico porque case non ten comas e iso dalle velocidade.

  • O que máis me gustou foi o de “Cando Eduardo Pondal”. Fíxome rir coa súa ocurrenza. É un poema moi sinxelo, pero a min gustoume.
  • O que menos me gustou foi o de “Polpa” de Claudio Rodríguez Fer porque non entendín case nada. Non conseguín nin siquera saber do que falaba en xeral.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CAPTCHA Image

*