Fran Alonso participou no II Encontro Poético Enredando Versos en Tui

IMG_2277-mod

Fran Alonso participou o pasado 8 de maio no II Encontro Poético Enredando Versos que se celebrou na vila de Tui coa presenza de 250 estudantes procedentes de 5 institutos de diferentes lugares de Galicia.  Canda Fran Alonso participaron tamén as poetas galegas Lucía Aldao, Rosalía Fernández Rial, María Lado e Elvira Riveiro, así como o grupo Xardín Desordenado. Procedentes de Madrid e Salamanca participaron Raquel Lanseros e Raúl Vacas.  Logo dos respectivos encontros e obradoiros poéticos con distintos grupos de estudantes, o profesorado, o alumnado e os poetas participaron conxuntamente nunha manifestación polas rúas de Tui baixo o lema de «Versos preferentes» e un recital poético no Teatro Municipal. A xornada prologouse ao longo da tarde con diversas actividades que reivindicaban o valor formativo, cultural, ético e lúdico da poesía. O lema desta edición era “A cidade con ollos de poeta”.