Xa se pode ver na rede a curtametraxe «Carapuchiña e o Pobo Feroz», baseada nun relato de «Males de cabeza», de Fran Alonso
Xa se pode ver na rede o vídeo de Carapuchiña e o pobo feroz, curtametraxe producida por Que conto producións baseada nun relato co mesmo título de Males de cabeza, de Fran Alonso. A película, que logrou o Sacho de Ouro á mellor curta no Festival Curtello 2011, está dirixida por José Araújo e protagonizada por Toni Salgado (lobo) e María Roja (Carapuchiña), Gloria Sampedro (avoa), Nani Matos (pai), Graciela Riobó (bruxa), Antonio Barreiro e Alberto Ardid. Na páxina de Que conto producións en Vimeo poden verse tamén as versión dobradas ao italiano, ao inglés, ao francés e ao castelán. Trátase da segunda curtametraxe baseada nun relato de Fran Alonso que se pode visionar ao longo deste ano 2012, logo de que na pasada primavera Urban Pig Films ofrecesen na rede o vídeo de «Luz verde», baseado en «01AM» do libro Cemiterio de elefantes.
Carapuchiña e o Pobo Feroz (Completa) from Queconto on Vimeo.