Un libro que conseguiu pórme o pelos de punta: «Cartas de amor», de Fran Alonso. Recensión de Sabela Cabanelas
Sabela Cabanelas publicou no seu blog Looking for Four Stars unha recensión coa súa opinión persoal de Cartas da amor, de Fran Alonso.
«Cartas de amor» de Fran Alonso
- Título: Cartas de amor
- Autor: Fran Alonso.
- Páxinas: 122.
- Encadernación: Tapa branda sen solapas.
- Editorial: Xerais.
- Prezo: 11,80 €.
- Serie: Non.
Sinopse:
As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non son cartas de amor
convencionais. O amor ou desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben. De feito, os verdadeiros protagonistas das cartas, son a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración… E quen escriben as cartas, son mulleres que viven circunstancias vitais -persoais ou sociais- moi difíciles, ás que se enfrontan con valentía. Este é un libro contundente pero tenro, un canto á vida e á dignidade.
Este libro, trata moitos temas, como ben explica na sinopse. Trátase de nove cartas, todas escitas por mulleres, nas que elas narran os seus problemas.
A primeira carta, “Ilegal”, é escrita por Ndeye, unha muller que veu do Senegal cara España preñada, co seu marido, que desgraciadamente morreu no traxecto. A carta vai dirixida a Nafissatou, a irmá do marido, e nela cóntalle como foi a súa viaxe até chegar a Portomarín, as súas dificultades, as súas desgrazas, pero tamén o nacemento do seu neno. Nesta carta, vense reflexadas as dificultades que pasan os inmigrantes.
A segunda carta, “Desde as tebras”, foi escrita por Sabela, unha voluntaria no Bagdag. Unha muller que se atopa nunha situación non moi daoda, e que lle escribe ao seu home, coa esperanza de que el poida axudala.
“Confesión”, é a terceira carta, na que Mónica trata de superar o medo a abrirse ao mundo e ser como realmente é. Esta carta ensínanos, que hay persoas que sofren en silencio, e que no mundo nada é como semella. Unha das múltiples razóns polas que un adolescente pode sufrir, é a súa orientación sexual, xa que nesta sociedade aínda non está moi ben visto ser homosexual.
“Sáhara, améndoa amarga.”, nesta carta, Besmeh, unha muller xa madura, escríbelle ao seu amigo e amor da infancia, que marchou a Europa para conseguir cartos para ela. Besmeh, plasma o seu amor polo seu fogar en cada plabara do texto, e dí que é consiciente de que o home pode ser que non volva, porque terá a algunha muller con él naquel continente.
En “Zé, volcán de amor”, Belinha, escríbelle a carta a Zé, o seu amor, xa morto na emigración, para dicirlle que marcha de Cabo Verde, que aquel sitio a afoga, e que precisa marchar de aló, xa que el non está ao seu carón.
“O que nunca me preguntaches”, cóntanos a historia de Dyana, unha rapaza, que desde cativa sufriu violacións. A carta diríxea ao seu amor europeo, ao cal coñeceu cando era obrigada a prostituirse.
“A carta inesperada”. Esta é a historia de Begoña, unha muller que fora do bando republicano, e que namorara de Luis, un dirixente deste bando durante a guerra civil.
Non pode facerlle máis dano a unha persoa que o seu amor de toda a vida o abandone sen máis e despois faga a súa vida sen tan sequera querer saber máis del, sen tan sequera recordar case o seu nome.
“A guerra”. Nela, Maida lle escribe ó seu irmán desde Saraeivo onde traballa como voluntaria axudando as persoas afectadas e curando feridos e enfermos. Reflíctese unha gran depreseión por parte da protagonista que se atopa nunha situación límite.
“Lonxe” nace da idea do que supón para unha nena a emigración, xa que ademáis de deixar o seu país, o fai sen os seus pais. Bárbara é a autora do correo electrónico que lle manda ao seu noivo de Uruguai (o seu país natal).Este libro, consegui pór os meus pelos de punta, coas magníficas historias que Fran Alonso relata.
En definitiva, un libro que fai pensar, e decatarte de que no mundo nada é o que semella.