Un bo tempo lector co poder da ficción, a realidade virtual e a crítica social. Recensión de «Contos nerviosos» en Trafegando ronseis
O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre Contos nerviosos, de Fran Alonso, ilustrado por Dani Padrón e publicado pola editorial Embora.
Contos nerviosos
Publica en edicións Embora Fran Alonso este Contos nerviosos, con ilustracións de Dani Padrón, un libro para ler en catro sentadas, ou nunha, como queira o pracer da lectura, xa que non provoca nervios a pesar do seu título, pero si provoca un divertimento, dende o neno nervioso polos ruídos -así temos unha critica a esta sociedade barulleira na que vivimos- ata o poder da ficción que provoca a fuxida da realidade, é dicir, a chamada realidade virtual ata esa nena parva que nunca está contenta con nada -esta si que nos pon nerviosos- ata que aprenda.Así pois, non nos poñamos nerviosos, ben ao contrario, relaxémonos para pasar un bo tempiño lector… teñamos a idea que teñamos.