Poesía infantil sorprendente, arrebatadora, irreverente e fresca. Crítica sobre «Poemas birollos para ler cos ollos»

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso.

 

 

Sorprendente e irreverente

Non é de estrañar o posto cimeiro, e penso tamén no ámbito peninsular, que Fran Alonso ocupa no eido da sempre difícil poesía infantil. Á súa traxectoria suma agora un libro que confirma esta percepción pois teima na procura recorrente de novas fórmulas expresivas, aposta pola edición transmedia coa inclusión dun videoxogo poético e non perde de vista a relevancia que supón a oralidade. Todo por xunto para erixir unha proposta visualmente arrebatadora que alicerza un discurso poético lúdico, heteroxéneo, fresco, sorprendente e irreverente. Un desafío que garante unha ollada distinta, e necesaria, para a poesía neste século que andamos.

Ramón Nicolás