Poemas birollos para ler cos ollos

XG00258001
Poemas birollos para ler cos ollos

Edicións Xerais de Galicia, 2016
Colección Sopa de Libros
Texto, deseño e ilustración de Fran Alonso
1ª edición
Poesía infantil

Poemas birollos para ler cos ollos é un libro de poesía infantil que parte dunha concepción lúdica, divertida e transgresora da poesía. Os poemas nacen de dúas fontes fundamentais: a poesía visual e a oralidade. Botando man do elemento gráfico para facer que os poemas se lean coma se fosen cadros e buscando a complicidade das cancións infantís, dos arrolos e das sortes, Fran Alonso fai neste libro unha proposta sorprendente e modernizadora. O resultado é un libro moi accesible que sitúa a poesía moi próxima á sensibilidade das nenas e nenos de hoxe.

 

CARACTERISTICAS TÉCNICAS

  • I.S.B.N.: 978-84-9121-052-8
  • Papel
  • Formato: 13,00 x 20,00 cm
  • Rústica cosido a fío
  • 72 Páxinas
  • 10,00 € IVE incluído
  • Xuño 2016

 

 


 

FRAGMENTOS DE CRÍTICAS

 

«Unha proposta visualmente arrebatadora que alicerza un discurso poético lúdico, heteroxéneo, fresco, sorprendente e irreverente. Un desafío que garante unha ollada distinta, e necesaria, para a poesía neste século que andamos».

Ramón Nicolás, La Voz de Galicia

 

É a súa unha poesía que foxe de esquemas preconcibidos e busca acubillo no xogo, na di- versión e no desenfado para amosar unha face diferente desta expresión artística da beleza.

María Navarro, Faro de Vigo

 

Cada páxina é un convite a deitar os sentidos do lector ou lectora e deixarse levar pola maxia das palabras (cos seus enxeñosos tipos de letras), das cores e dos obxectos que voan polo ceo particular das composicións.

Antonio García Teijeiro, Versos e aloumiños

 

Fran Alonso vuvelve a dar muestra de su capacidad innovadora y su deseo de explorar caminos poco transitados con su nuevo libro de poesía, Poemas birollos para ler cos ollos (Xerais), en le que dirige a los lectores una propuesta donde la unidad significativa la constituye la página (o la doble página) en la que no sólo hay un texto para ser leído, sinó también una determinada composición grafico-espacial que dialoga con dicho texto.

María Jesús Fernández, Clij 273 (Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil)

 


 

VER 21 PÁXINAS de Poemas birollos para ler cos ollos