Literatura Infantil


Douche a miña palabra

Xerais, 2021
1ª edición

Como se chega a ser escritora ou escritor? Por que se escribe? Pódese vivir sen ler? Pódese aprender a pensar a través da lectura? As palabras poden proer, picar, denunciar as inxustizas, resultar molestas e incómodas. Tamén poden facernos reaccionar. Os escritores e escritoras pelexan coas palabras, míranlles as patiñas nun microscopio e constrúen historias. Cunha linguaxe comprensible e chea de anécdotas, Fran Alonso cóntanos neste libro inusual cousas sobre a escrita, a literatura ou a lingua e convídanos a reflexionar sobre o superpoder da lectura e a importancia de sentir a chamada das palabras.


XG00258001
Poemas birollos para ler cos ollos

Edicións Xerais de Galicia, 2016
2ª edición
Poesía infantil

Poemas birollos para ler cos ollos é un libro de poesía infantil que parte dunha concepción lúdica, divertida e transgresora da poesía. Os poemas nacen de dúas fontes fundamentais: a poesía visual e a oralidade. Botando man do elemento gráfico para facer que os poemas se lean coma se fosen cadros e buscando a complicidade das cancións infantís, dos arrolos e das sortes, Fran Alonso fai neste libro unha proposta sorprendente e modernizadora. O resultado é un libro moi accesible que sitúa a poesía moi próxima á sensibilidade das nenas e nenos de hoxe.


Contos-nerviosos-pequena
Contos nerviosos

Embora edicións, 2016
2ª edición

Ás veces suceden cousas tan inesperadas que os propios contos se poñen nerviosos. Os contos nerviosos son contos moi divertidos, pero non paran quietos porque lles tremen as palabras. Estes Contos nerviosos están protagonizados por un neno chamado Amelio que ten unha estraña alerxia ao ruído; por unha nena sen nome que ten unha amiga xirafa en Cabrafanada e recibe mensaxes misteriosas; por un neno que descobre que os videoxogos poden converterse en realidade e por Raíña, unha nena caprichosa que se enfada moito na festa do seu aniversario.



O meu gato é un poeta (2011), 4ª edición
O meu gato é un poeta

Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil de 2011
Edicións Xerais de Galicia, 2011
8ª edición
Poesía infantil

O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida.O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplia ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial. A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto.O meu gato é un poeta conta tamén con web propia www.gatopoeta.net. Nesta páxina o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con respostas…


Folerpas de Novoneyra

Folerpas de Novoneyra

Edicións Xerais de Galicia, 2010
1ª edición
Biografía ficcionada

Folerpas de Novoneyra é un libro que convida a achegarse á vida e á obra de Uxío Novoneyra, o poeta do Courel a quen homenaxea a sociedade galega nas Letras Galegas 2010. Coa naturalizade que caracteriza a escrita de Fran Alonso, estas páxinas seducen e constitúen unha porta para entar na poesía silenciosa e no universo biográfico de Novoneyra. A través de pequenas descubertas, de anécdotas simpáticas, dunha linguaxe asequible e dunha aproximación amigable aos seus poemas, visitamos a palabra e o tempo de Novoneyra, O Courel, a súa infancia, a Guerral Civil, a escritura d’ Os Eidos, os días de Brais Pinto en Madrid, o compromiso coa lingua, a súa amizade con María Mariño, o Novoneyra beat do 68, a caligrafía, os seus libros infantís, Compostela… Unha biografía e unha antoloxía de Uxío Novoneyra para lectores e lectoras de todas as idades. Un libro de divulgación imprescindible para coñecer a figura das Letras Galegas 2010.


A araña e mais eu

A araña e mais eu

Premio Xosé Neira Vilas ao Mellor Libro Infantil de 2009 (Asociación Galega de Editores)
Kalandraka, 2009

2ª edición
Álbum ilustrado
Traducións: español (Kalandraka, 2009); portugués (Kalandraka, 2009); inglés (Kalandraka, 2009); italiano (Kalandraka, 2011) e coreano (Glbburi, 2011)

Álbum ilustrado con texto e fotografía que supón un achegamento visual e poético pola xeografía do corpo humano. Ollos de cereixa, pel de pexego, nariz de amorodo… Misteriosa viaxe para unha araña exploradora.


A vida secreta de María Mariño (2007)

A vida secreta de María Mariño

Edicións Xerais de Galicia, 2007
1ª edición
Biografía ficcionada

A través das entretidas páxinas deste libro, o escritor Fran Alonso vainos contando a vida e a obra de María Mariño coma se fose unha novela. Mesturando a realidade e a ficción, desvélanos a extraordinaria figura desta poeta desde o mesmo día en que naceu. De Noia ao Courel, pasando polas difíciles circunstancias da Guerra Civil, A vida secreta de María Mariño describe a personalidade dunha muller e dunha obra literaria de grande altura. O libro, que inclúe unha cronoloxía e unha antoloxía poética, é de lectura agradable, amena e desenfadada.


A casa da duna

A casa da duna

Distinción White Ravens da Biblioteca Internacional de Múnic
Edicións Xerais de Galicia, 2002

1ª edición
Álbum ilustrado

A casa da duna é un libro que nace dunha intensa comuñón entre texto e fotografía ao longo dun proceso de elaboración en común entre o escritor Fran Alonso e o fotógrafo Manuel G. Vicente. A casa da duna, desde a forza da imaxe e desde a intensidade da palabra e da historia que se narra, pretende reforzar o álbum ilustrado nese papel de pequena obra de arte que lle é outorgado no ámbito cultural europeo. A casa da duna é tamén un texto fermoso, divertido, que se desenvolve á beira do mar e xoga cos elementos e as palabras relacionadas co mar, contándolles aos nenos, a través da palabra e da linguaxe fotográfica, unha historia apaixonante, misteriosa e engaiolante, dunha excelente calidade literaria. A casa da duna fai unha aposta pola fotografía como esencia do álbum ilustrado. A protagonista do álbum, Alba, vive na casa da duna co seu gato Bicos. Encántalle deitarse na area para ver as ondas do mar. Un día, enriba dunha onda, chega unha nena descoñecida, pequerrecha como unha boliña, que lle dá un estraño aviso. A casa da duna é, sobre todo, un álbum contemporáneo que emprega a linguaxe visual dos cativos e cativas aos que se dirixe.


O brillo dos elefantes

O brillo dos elefantes 

Finalista do Premio Raíña Lupa 1999
Edicións Xerais de Galicia, 1999

4ª edición
Novela

Un neno centroamericano vive nunha aldea de Matagalpa, coa súa nai e a avoa Mirta, nun fermoso país de lagos e volcáns. Na aldea onde viven a penas teñen para comer e unha guerra non declarada ameaza os campesiños. Taquín, o mestre dunha escola á que non vai ninguén, fai que o neno acabe por perderlle o medo á noite e descubra o sentido da vida.


Cidades
Cidades

Premio Rañolas ao mellor libro de literatura Infantil do ano / Accésit Premio Lazarillo
Edicións Xerais de Galicia, 2011

4ª edición
Ilustracións de Fran Alonso

Poesía infantil

Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas. No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo e sincero, descúbrenos a emoción que latexa nas rúas e deita unha ollada tenra e rebelde sobre a vida desde a óptica da infancia e adolescencia. Cidades é unha porta para que os máis novos entren na poesía.