Contos nerviosos

Contos-nerviosos-pequena
Contos nerviosos

Edicións Embora, 2016
Colección O globo
Ilustracións de Dani Padrón
2ª edición
Contos

Ás veces suceden cousas tan inesperadas que os propios contos se poñen nerviosos. Os contos nerviosos son contos moi divertidos, pero non paran quietos porque lles tremen as palabras. Estes Contos nerviosos están protagonizados por un neno chamado Amelio que ten unha estraña alerxia ao ruído; por unha nena sen nome que ten unha amiga xirafa en Cabrafanada e recibe mensaxes misteriosas; por un neno que descobre que os videoxogos poden converterse en realidade e por Raíña, unha nena caprichosa que se enfada moito na festa do seu aniversario.

 

CARACTERISTICAS TÉCNICAS

  • I.S.B.N.: 978-84-16456-28-4
  • Papel
  • Formato: 13 x 20 cm
  • Rústica
  • 72 Páxinas
  • 10,00 € IVE incluído
  • Maio 2016
  • Edicións sucesivas: 2ª ed: Outubro 2016

 

 


 

FRAGMENTOS DE CRÍTICAS

 

«Contos nerviosos é un libro delicioso e diferente para público intelixente de 8 a 88 anos».

María Solar

 

Contos nerviosos é un libro marabilloso que fai uso dunha prosa áxil, tinguida de lirismo e cargada de imprevistos. Fran Alonso volve ser un valor seguro, con selo propio, volve poñer patas arriba a concepción literaria, revoluciona unha vez máis o concibido e achega esa dose de frescura necesaria, acompañándoa, unha vez máis, de sentido do humor e de maxia necesaria.

Romina BalBrabádegos

 

Catro historias diversas e a un tempo converxentes. Cuarteto de narracións nas que a fabulación suprarreal e a ollada reflexiva anoan para nos regalar tramas onde palpita o simbólico e o fantástico revelador, nas que a aparente simplicidade dos aconteceres encerra, de fondo, un arsenal de suxestivos pensamentos sobre relevantes cuestións a propósito do eu e dos outros.

Armando RequeixoDiario de Ferrol, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños

 

O nervio e o sen sentido gobernan este libro de contos de Fran Alonso que vén amosar o bo e comprometido traballo deste autor coa literatura infantil.

Paula FernándezFaro de Vigo

 

Fran Alonso volve transitar polos camiños da narrativa ofrecendo un libro onde o inesperado e o sorprendente, con certo arrecendo a non-sense e moita ironía, redondean unha obra moi recomendable para todas as idades.

Non perde de vista Fran Alonso, e entendo isto como un factor vivificante da súa escrita, a axilidade narrativa, o peso determinante da oralidade, a frescura do seu impulso creativo nin a capacidade que atesoura para sorprendernos.

Ramón NicolásLa Voz de Galicia

 

Fran constrúe mundos tan incribles coma divertidos nos que os máis pequenos teñen asegurado o disfrute dunha tarde de lecer, e os adultos poderán escachar coa risa e, se queren, aínda poderán profundar en cuestións máis da nosa corda e reflexionar sobre a nosa sociedade actual, perfectamente reflectida no texto que nos ocupa.

Manrique FernándezComarcas na rede

 

Poucos agasallos mellores ca unha tarde de bos contos, que é o que nos ofrece Fran Alonso neste novo título: Contos nerviosos.

Xosé Manuel EyréFerradura en Tránsito

 

 


 

FRAN ALONSO LENDO FRAGMENTOS de Contos nerviosos