Cemiterio de elefantes

XG00223001
Cemiterio de elefantes

Edicións Xerais de Galicia, 1994
7ª edición
Traducións: edición en español (Pulp Books, 2013),

En Cemiterio de elefantes o protagonista é a noite, a noite como sinónimo de maxia, de complicidade, de vida, de esperanza, de encanto, pero tamén de erosión, de soidade, de clandestinidade, de anonimato, de silencio e de frustración. Cunha estrutura singular e ubicado no espazo xeográfico de Vigo, este libro cóntanos –con frescura, humanidade e ironía– historias nocturnas e urbanas cargadas de melancolía e humor que nunca nos deixan indiferentes. As páxinas de Cemiterio de elefantes percorren con acidez a paisaxe nocturna, a través de certa estética radiofónica. Na súa escrita húmida refúxianse noctámbulos, camareiras, travestis, estudantes, taxistas, varredores, persoas solitarias, insomnes, xornalistas… que gozan ou sofren o efecto devastador da noite descubrindo as entrañas da cidade. Espazos literarios e personaxes de Fran Alonso como Almas perdidas, Corazóns Solitarios e a Señora Lola naceron neste libro, cuxa trama comeza ás 12.00 AM, cando a noite cae sobre Vigo, e remata ás 8.00 AM, co amencer dun novo día.

Cemiterio de elefantes

1ª edición (1994)

 

Cemiterio de elefantes

6ª edición (2004)

 

XG00223001

7ª edición (2020)

 

CARACTERISTICAS TÉCNICAS

  • 14.5 x 22 cm
  • Rústica cosido a fío
  • 136 Páxinas
  • I.S.B.N.: 978-84-9782-625-9
  • Código: 1331898
  • 16.63 € IVE non incluído
  • 17.30 € IVE incluído
  • Febreiro 2020

 

 

 

 


 

CURTAMETRAXE BASEADAS EN «CEMITERIO DE ELEFANTES»

 

«LUZ VERDE»

A curtametraxe Luz Verde está baseada no relato «01 AM» de Cemiterio de elefantes.
Dirixida por Sara Casal e producida por Urban Pig Films, o reparto está protagonizado por Dorotea Bárcena, César Cambeiro, Miguel Llanderas, Susana Álvarez, Carmelo Abollo, Uxío Couto e Martín Martinez.

 



FRAGMENTOS DE CRÍTICAS 

 

«Acerta Fran Alonso apostando pola sobriedade nestas páxinas, pois así salientan máis  uns achados estilísticos que non son froito da casualidade senón imaxes peneiradas do tópico para callaren en refachos que nos sobrecollen e nos aloumiñan. Algunhas, coma a do pedramol, identifican xa o particular universo literario deste autor; reaparecen tamén personaxes coñecidos coma Lino, un dos camioneiros de Tráiler, asentando as bases dunha proposta narrativa que, de seguir por ese camiño, pode configurarse como un orixinal macrotexto. ».

Rolores VilavedraNovidades Xerais

 

Cemiterio de elefantes artéllase en relatos nos que os distintos personaxes aparecen relacionados para reforzar a idea da noite como punto en común entre eles. Con esta vinculación transgrédese o ámbito do relato e o libro faise máis compacto.

Mar PichelGalicia Hoxe

 

Un excelente conxunto de relatos breves de ambientación urbana nos que intertextualiza motivos e constantes presentes nos ultimos libros como a soidade, a frutración ou a incomprensión, e que nos revela un autor que domina con frescura a arte da descrición do miúdo e de distintos caracteres, converténdoo nunha das voces máis orixinais da literatura galega do momento.

Diccionario da Literatura GalegaVVAA