Fran Alonso: «Nunca elixo aleatoriamente os nomes dos personaxes, sempre simbolizan algo da súa forma de ser»

Contos-nerviosos-pequena
O programa A Tarde, da Radio Galega, emitiu unha entrevista con Fran Alonso sobre o seu último libro infantil, Contos nerviosos, publicado pola editorial Embora e ilustrado por Dani Padrón. O escritor contestou ás preguntas de Cristina García declarando que «Nunca elixo aleatoriamente os nomes dos personaxes, sempre simbolizan algo da súa forma de ser» e, nese sentido, enmarcou a Amelio, un personaxe «singular» e «distinto» que tamén precisaba un nome singular para marcar esa diferenza.

Preguntado por «O meu aniversario, o último dos catro contos do libro Contos nerviosos, Fran Alonso declarou que esa historia supón unha crítica social a determinado tipo de educación que se imparte desde algunhas familias que, ademais, non confían no profesorado: «as familias teñen que confiar máis nos profesionais do ensino porque deslexitimar o profesorado é moi perigoso e dálles pé aos nenos e nenas para reforzarse na insumisión académica».

A entrevista pode verse nesta ligazón (A partir do minuto 46:35).