Fran Alonso leva este venres a Ourense o espectáculo infantil para presentar os seus libros «Contos nerviosos» e «Poemas birollos para ler cos ollos», que terá lugar na libraría Internacional-Espazo Lector Nobel

Contos-nerviosos-pequenaFran Alonso leva a Ourense este venres 7 de outubro o espectáculo infantil co que presenta os seus libros Contos nerviosos (publicado por Edicións Embora) e Poemas birollos para ler cos ollos (publicado por Xerais), que terá lugar na libraría Internacional-Espazo Lector Nobel ás 18:30 horas.

O espectáculo, de animación literaria e dirixido ao público infantil, será conducido polo escritor Fran Alonso e pola nena Xela Alonso Costas. De que está feita a literatura? Para que sirven as palabras? A través de versos, lecturas, xogos, caligramas e outras sorpresas, serán presentados de xeito ameno e divertido estes dous libros: os relatos delirantes de Contos nerviosos e a poesía infantil divertida e atrevida de Poemas birollos para ler cos ollos.

XG00258001A libraría Internacional-Espazo Lector Nobel está situada na rúa Concordia, 8, de Ourense

Precisamente, o libro Contos nerviosos esgotou estes días a súa primeira edición e está sendo reeditado.

 

 

 

 

presentacion_poemas_birollos_internacional