Fran Alonso: «En ‘Contos nerviosos’ boto man dun tipo de imaxinación, moi infantil, que é disparatada, ocorrente, rápida, inmediata»

Pablo García Freire, autor do blog Libros Lectureka, publicou unha entrevista en vídeo a Fran Alonso sobre o seu libro Contos nerviosos, realizada durante a presentación na Feira do Libro de Vigo.

 

 

Entrevistando a Fran Alonso na Feira do Libro de Vigo 2016

Contos-nerviosos-pequenaCada ano as Feiras do Libro de Galicia son unha cita ineludible para todos os bibliófilos e bibliófilas galegas, e en Lectureka! non somos unha excepción. Claro que nós non nos limitamos a ser compradores e espectadores… e asumimos o rol de xornalistas!
Os pasados días 1-10 de xullo tivo lugar a Feira do Libro de Vigo, acontecemento que aproveitamos non soamente para engrosar a nosa biblioteca persoal, senón para elaborar contidos exclusivos para o blog. A próxima semana publicaremos unha reportaxe sobre as Feiras do Libro dende o punto de vista dos libreiros e libreiras, pero hoxe o protagonismo é de Fran Alonso, quen accedeu a concedernos unha entrevista para o blog tras a presentación de Contos nerviosos, a súa última publicación; unha extraordinaria novela infantil que xoga co ridículo a través de catro historias totalmente disparatadas, cuxa recensión en Lectureka poderedes ler nos próximos días.
Un dos protagonistas dos contos nerviosos, Amelio, resulta ser alérxico ao ruído. Eu son un pouco como Amelio, e como tamén son un pouco alérxico ao ruído nesta entrevista estreamos un novo micrófono que capta menos ruído ambiental e recolle mellor a voz, o que supuña un problema común en anteriores entrevistas gravadas ao aire libre. Espero que vos guste!
Que son os contos nerviosos? Por que os protagonistas dos contos nerviosos teñen o nome que teñen? Cal é a situación actual das Feiras do Libro e a literatura infantil e xuvenil no sector editorial galego? Fran da interesantes respostas a todas as nosas cuestións…