Fran Alonso, entre os autores máis lidos nos Clubs de Lectura dos centros de ensino

O blog Ler en mancomún publica unha información da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia que dá a coñecer o listado de autores e autoras máis lidos nos Clubs de Lectura dos centros de ensino de Galicia. Fran Alonso, con 20 títulos, sitúase nos primeiros postos dos autores/as con maior presenza nos clubs de lectura. O xornal Praza Pública faise eco da noticia dando conta de que a lista de autores e autoras está encabezada por Agustín Fernández Paz, escollido por 66 dos clubes, seguindo por outros autores galegos como Fran Alonso (20), Xabier P. DoCampo (20) e Marcos Calveiro (18).
Así mesmo, a antoloxía de poesía galega Poetízate (2006), preparada por  Fran Alonso, e a súa novela A punta de pistola (2012), figuran entre os 50 títulos máis frecuentes nos distintos clubs de lectura.