Fran Alonso apadriñou unha aula do CEIP Carlos Casares

O escritor Fran Alonso apadriñou o pasado mes de maio unha aula do CEIP Carlos Casares, concretamente a aula de 4º de Primaria, que apartir de agora levará o seu nome. Nun acto celebrado o pasado 19 de maio no marco no marco dun proxecto da biblioteca e do ENLG do centro que pretende poñer en valor os autores e autoras da literatura infantil galega.

Ao longo do acto, os nenos e nenas do CEIP Carlos Casares, que traballaron durante todo o curso con diversos libros de Fran Alonso, fóronlle presentando ao escritor os seus traballos, que eran videográficos, plásticos, teatrais, de memoria e oralidade, recitais poéticos e contacontos segundo os grupos. Todos os nenos e nenas do centro, de Educación Infantil a 6º de Primaria, participaron no acto. Ademais, o centro agasallou a Fran Alonso cunha magnífica ilustracion de Ignacio Hernández realizada a partir dun poema de Cidades.

Reproducimos a continuación algúns dos traballos en vídeo dos nenos e nenas do centro, neste caso feitos a partir dos libros O meu gato é un poeta e A araña e mais eu.

 

Ilustracion de Ignacio Hernández realizada a partir dun poema de Cidades.

Poema Cidades por Ignacio

Libro_gato