Este sábado Fran Alonso presenta na libraría Moito Conto da Coruña un espectáculo infantil de animación literaria en torno aos seus libros «Contos nerviosos» e «Poemas birollos para ler cos ollos»
Este sábado 1 de outubro, ás 12:30 horas, o escritor Fran Alonso presenta na libraría Moito Conto da Coruña un espectáculo infantil de animación literaria en torno aos seus libros Contos nerviosos (publicado por Edicións Embora) e Poemas birollos para ler cos ollos (publicado por Xerais).
O espectáculo, de animación literaria e dirixido ao público infantil, será presentado por Miguel Toval, director de Edicións Embora, e será conducido polo escritor Fran Alonso e por Xela Alonso Costas. De que está feita a literatura? Para que sirven as palabras? A través de versos, lecturas, xogos, caligramas e outras sorpresas, serán presentados de xeito ameno e divertido estes dous libros: os relatos delirantes de Contos nerviosos e a poesía infantil divertida e atrevida de Poemas birollos para ler cos ollos.
A libraría Moito Conto está situada na rúa San Andrés, 35, da Coruña.
Precisamente, o libro Contos nerviosos esgotou estes días a súa primeira edición e está sendo reeditado.
- Información sobre Contos nerviosos
- Información sobre Poemas birollos para ler cos ollos