Fran Alonso publica «Poétic@», un paso decisivo para a literatura electrónica en galego

Fran Alonso acaba de publicar Poétic@, un poemario que supón un paso decisivo para a literatura electrónica en lingua galega e unha aposta innovadora dentro do ámbito do panorama literario internacional de hoxe, onde apenas existen referentes que se asemellen a esta proposta. Poétic@ ofrécese en galego, castelán e portugués e está habilitado para lerse en pantallas de ordenador, tabletas e móviles. Nunha recente

Read more

Anotación de Ramón Nicolás sobre a presentación da novela «Silencio» no IES de Valadares

Ramón Nicolás publicou no seu blog, Caderno da crítica, unha anotación sobre a presentación de Silencio, de Fran Alonso, que tivo lugar no  IES Valadares de Vigo e se retransmitiu por videoconferencia ao IES Saturnino Montojo de Ferrol.   Presentación de «Silencio», de Fran Alonso, por videoconferencia Resultou unha actividade moi interesante, e penso que satisfactoria, a presentación por videoconferencia,

Read more

A novela «Silencio» preséntase por videoconferencia ante o alumnado dun instituto de Vigo e outro de Ferrol

A novela Silencio, de Fran Alonso, publicada na colección Fóra de Xogo, será presentada mañá ás 10,30 da mañá por videoconferencia ante o alumnado dun Instituto de Vigo e outro de Ferrol. O encontro terá lugar no IES Valadares de Vigo, desde onde será retransmitido ao IES Saturnino Montojo de Ferrol, que participará de forma activa. No acto de presentación

Read more

Fran Alonso: «A ficción de terror que se apoia no irracional non é verosímil hoxe co coñecemento científico». Entrevista de César Lorenzo

Biosbardia publica unha entrevista de César Lorenzo Gil a Fran Alonso centrada na súa novela Silencio e noutros temas do ámbito do libro, da literatura e da edición.   Fran Alonso: «Hoxe hai espazo para unha nova editorial de narrativa galega» Xerais reedita a novela curta para público xuvenil Silencio, de Fran Alonso (Vigo, 1963). O escritor móvese ben entre

Read more

Fran Alonso publica «Silencio», unha novela de suspense sobre feitos que nunca imaxinamos

Silencio, de Fran Alonso, é unha novela de suspense sobre feitos que nunca imaxinamos, publicada por Xerais na colección Fóra de Xogo. Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os

Read more

Un relato terrorífico e arrepiante: «Silencio», de Fran Alonso. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela Silencio, de Fran Alonso, publicada na colección Fóra de Xogo.     Silencio Teño o estómago revolto e o corazón oprimido agora mesmo: veño de rematar este novela que Fran Alonso ofrece arestora na editorial Xerais: Silencio. Dende logo, non agardades unha lectura agradable, senón unha lectura curta e intensa que beberás dunha sentada e

Read more

Adaptación teatral de «O meu gato é un poeta» nas Xornadas Municipais de Teatro Escolar

O CEIP Canicouva, da man da profesora Chus Pereiro, levou á escena o libro de poemas O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, con alumnos e alumnas de 1º ciclo de Primaria, para representalo nas V Xornadas Municipais de Teatro Escolar que se celebraron o pasado mes de maio no Auditorio do Concello de Vigo. Reproduzo a gravación da representación teatral que se fixo no propio centro.

Read more

«Cementerio de elefantes»: Estética comprometida, a la altura también de nuestro tiempo. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

El crítico Francisco Martínez Bouzas publicó en «Brujas y espirales» una reseña (22/09/13) sobre Cementerio de elefantes, de Fran Alonso. Cronología nocturna de la desolación urbana   Pulp Books, un sello de Rinoceronte Editora, que apuesta por ofrecernos en español algunos de los  títulos más representativos de la narrativa gallega actual, recala esta vez en Fran Alonso, un escritor polifacético

Read more

Un referente da poesía infantil radicalmente contemporáneo: «Cidades», de Fran Alonso. Crítica de Berta Dávila

Berta Dávila publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica de Cidades, de Fran Alonso (26/06/2013). Poesía urbana e subversiva «Cidades», un clásico contemporáneo da Literatura Infantil e Xuvenil de Fran Alonso que vén de ser reeditado en Xerais A escrita de Fran Alonso (Vigo, 1963) ten a marca da mellor literatura para a infancia e a mocidade, esa que considera o lectorado a quen se dirixe un suxeito

Read more
1 2 3 4 5