Fran Alonso leva este venres a Ourense o espectáculo infantil para presentar os seus libros «Contos nerviosos» e «Poemas birollos para ler cos ollos», que terá lugar na libraría Internacional-Espazo Lector Nobel

Fran Alonso leva a Ourense este venres 7 de outubro o espectáculo infantil co que presenta os seus libros Contos nerviosos (publicado por Edicións Embora) e Poemas birollos para ler cos ollos (publicado por Xerais), que terá lugar na libraría Internacional-Espazo Lector Nobel ás 18:30 horas. O espectáculo, de animación literaria e dirixido ao público infantil, será conducido polo escritor

Read more

«Poemas birollos para ler cos ollos»: un libro adictivo de poesía infantil. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso.     Poemas birollos para ler cos ollos A palabra poética feita xogo, o xogo da poesía infantil, a poesía é un xogo… Fran Alonso sempre o consegue nos seus libros de poesía infantís: facer

Read more

Poesía infantil sorprendente, arrebatadora, irreverente e fresca. Crítica sobre «Poemas birollos para ler cos ollos»

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso.     Sorprendente e irreverente Non é de estrañar o posto cimeiro, e penso tamén no ámbito peninsular, que Fran Alonso ocupa no eido da sempre

Read more

Este sábado Fran Alonso presenta na libraría Moito Conto da Coruña un espectáculo infantil de animación literaria en torno aos seus libros «Contos nerviosos» e «Poemas birollos para ler cos ollos»

Este sábado 1 de outubro, ás 12:30 horas, o escritor Fran Alonso presenta na libraría Moito Conto da Coruña un espectáculo infantil de animación literaria en torno aos seus libros Contos nerviosos (publicado por Edicións Embora) e Poemas birollos para ler cos ollos (publicado por Xerais). O espectáculo, de animación literaria e dirixido ao público infantil, será presentado por Miguel Toval, director

Read more

O blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomendou «Poemas birollos para ler cos ollos», un libro para gozar e achegarse á poesía cos primeiros lectores e lectoras

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomendou o libro Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso. Un novo libro de poesía para primeiros lectores Acaba de saír publicado en Xerais o  Poemas birollos para ler cos ollos de Fran Alonso, quen se encarga tamén das ilustracións. O poeta vén de recibir o Premio ao mellor

Read more

Queres ver as primeiras páxinas dun libro de poesía infantil distinto, que foi calificado de «arrebatador» e «aditivo»?: Poemas birollos para ler cos ollos

En ISSUU poden verse 21 páxinas do novo libro de poesía infantil de Fran Alonso, Poemas birollos para ler cos ollos (Xerais, 2016), un libro que xa foi calificado pola crítica de «arrebatador», «irreverente» ou «aditivo», entre outros calificativos. Achégate ás súas páxinas para ter unha primeira impresión do libro!    

Read more

Poesía divertida, plástica, imaxinativa, musical e novidosa: «Poemas birollos para ler cos ollos». Crítica de María Navarro. Un libro que inicia novos vieiros para a poesía

A profesora María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica do libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.                

Read more

Un poemario transgresor cun potente contexto gráfico: «Poemas birollos para ler cos ollos». Anotación no blog de Antonio García Teijeiro: Un convite a deitar os sentidos e deixarse levar pola maxia

O escritor Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, de Fran Alonso, ilustrado e deseñado polo propio autor.   «Poemas birollos para ler cos ollos», unha proposta suxestica coa oralidade e a poesía visual como base Di Fran Alonso que a poesía para as

Read more

Contar as historias como o faría un neno. Crítica de Manrique Fernández sobre «Contos nerviosos»: unha alucinante viaxe á nosa infancia máis lonxana

A web Comarcas na rede publicou unha recensión crítica do xornalista e escritor Manrique Fernández sobre o libro de literatura infantil Contos nerviosos, de Fran Alonso. Está publicado pola editorial Embora e ilustrado por Dani Padrón.   Fran Alonso, «Contos nerviosos» Nunca acabei de entender moi ben a teima dos editores respecto da diferenciación entre literatura infantil ou xuvenil e

Read more

Unha lectura amena, suxestiva e con sorpresas: «Contos nerviosos». Crítica radiofónica de Chus Nogueira na Radio Galega

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre o libro de literatura infantil Contos nerviosos, de Fran Alonso (Embora, 2016), ilustrado por Dani Padrón. Para a profesora e crítica literaria Chus Nogueira, o libro mostra unha clara vontade de abordar temas actuais dentro da traxectoria diversa e ampla de Fran Alonso dentro do ámbito

Read more
1 4 5 6 7 8 19