As catro patas da poesía no CEIP Seis do Nadal co espectáculo «A poesía é un globo»
O blog da biblioteca do CEIP Seis do Nadal, de Vigo, publicou unha información sobre a visita de Fran Alonso para realizar o seu espectáculo poético «A poesía é un globo» para os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria, que leron o libro O meu gato é un poeta.
Visita de Fran Alonso
Onte Fran Alonso falounos de cales eran as catro patas da poesía: a palabra, o silencio, a música e a maxia.
Con estes catro elementos e moita poesía engaiolou ao alumnado de 3º que leu o libro
“O meu gato é un poeta”.Ao longo da súa exposición Fran empregou diversos obxectos e música que acompañaron ao recitado dos poemas interactuando co alumnado e facéndoos partícipes con sons, repetindo estribillos,…
Leunos poemas de Uxio Novoneyra e de Manuel María.
Houbo tempo para facer preguntas e para que os nenos e nenas recitaran e rapearan diferentes poemas do seu libro.
Rematamos a súa visita coa entrega dun agasallo e asinando nos libros dos alumnos/as.
Grazas Fran!!!!