Alumnos/as de 1º da ESO do IES San Mamede gravan poemas de «O meu gato é un poeta» en audio
No IES San Mamede, de Maceda (Ourense), os alumnos e alumnas de 1º da ESO recitaron poemas do libro O meu gato é un poeta que foron gravados posteriormente e publicados no blog O cartafol do vento, do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Así mesmo, reproducimos un vídeo da estudante Águeda Silva, recitando un poema de Cidades no Certame poético Novas Voces 2015 do IES Poio. Noutro centro de ensino, no IES Basanta Silva de Vilalba, as estudantes Carla Villares Fraga e Laura Hermida Barbazán, de 2º da ESO, obtiveron o 2º premio nun concurso de videopoemas botando man tamén dos versos de Cidades. O videopoema pode verse nesta ligazón.