«A rebelión da lectura», un álbum ilustrado para un documental do mesmo título

Por que anda toda a xente xuntando libros? Será certo iso de que queren facer unha casa con eles?
Unha historia sobre como o poder dos libros pode cambialo todo. Porque cando les, todo é posible!
A rebelión da lectura, escrito por Fran Alonso e ilustrado por Chus Rojo, é un conto poderoso e creativo que resalta a importancia dos libros como elementos significativos e transformadores. O álbum ilustrado foi escrito para o documental A rebelión da lectura, dirixido por Alma Alonso e Asun Losada e producido por Espazo Lectura.
A través dunha narrativa orixinal, mostra como a lectura non só proporciona educación, senón que tamén empodera ás persoas para cuestionar o mundo que lles rodea e loitar contra as inxustizas.
É unha ferramenta ideal para espertar nos mozos e mozas o amor polos libros.
Ilustración: Chus Rojo.