Un secuestro «A punta de pistola» que se converte nunha novela social
A novela A punta de pistola ábrese cunha escena de ritmo trepidante: un delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica, acoden a un Centro de Acollida Familiar para ver os seus fillos, baixo a tutela dos servizos sociais. Unha vez alí, secuéstranos e lévanos a punta de pistola. Así comeza unha frenética fuxida. Ao tempo, outra historia transcorre en paralelo: a dunha camioneira emprendedora, culta e licenciada, que conduce e escribe nun blog. A camioneira, admiradora da vida da fisterrá Celia Rivas, a primeira muller en conducir un camión, en 1932, supón un contrapunto máis intimista á desenfreada fuxida que protagoniza a parella de secuestradores. Moita acción, planos cinematográficos, novas tecnoloxías, o papel da muller e a desestruturación social, familiar e educativa son algúns dos eixos que vertebran esta novela que está baseada nun feito real e logra atrapar os lectores e lectoras. A punta de pistola gañou o XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia.
- «A punta de pistola», dossier completo e moi gráfico sobre a novela
- A educación, a discriminación social, o maltrato infantil e a desigualdade de xéneros en «A punta de pistola», de Fran Alonso. Crítica de Mar Fernández Vázquez
- Protagonismo feminino coraxoso nunha novela á altura da obra de Fran Alonso: «A punta de pistola». Crítica de Francisco Martínez Bouzas
- María Solar entrevisa a Fran Alonso no Zig Zag sobre «A punta de pistola» e «Cidades», libro ilustrado polo propio autor
- Fran Alonso pisa a fondo. Crítica de Armando Requeixo en Praza Pública
- A punta de pistola en Twitter
- Fran Alonso diríxese a todos os públicos en «A punta de pistola»
- Con ritmo enérxico. Acción, cinema e reflexión. Crítica de Laura Blanco Casás en Faro de Vigo
- Unha sociedade a punta de pistola. Crítica de Xosé Manuel Eyré
- Consumir cada segundo: «A punta de pistola», de Fran Alonso. Anotación de Xosé Manuel Eyré
- Fran Alonso: «A literatura está en nós: todos temos unha historia que contar». Entrevista de Xesús Fraga sobre «A punta de pistola»
- Crítica de Ramón Nicolás no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia sobre «A punta de pistola»: A segunda vida
- TVG: Entrevista de Pemón Bouzas a Fran Alonso no programa Eirado sobre «A punta de pistola»
- «A punta de pistola» en Rede Lectura, blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares
- «Para ler de tirón». Crítica de Manuel Rodríguez Alonso
- Ritmo enérxico en «A punta de pistola», de Fran Alonso: Anotación en Trafegando ronseis
- A fisterrá Celia Rivas Casais protagoniza a nova novela de Fran Alonso
- Unha historia insólita: A punta de pistola. Entrevista a Fran Alonso en V Televisión
- «A realidade é inverosímil»: Entrevista a Fran Alonso na contraportada de La Voz de Galicia
- «A punta de pistola», en Brétemas, o blog de Manuel Bragado
- Anotación de Ramón Nicolás en Caderno da Crítica sobre «A punta de pistola»
- A punta de pistola», de Fran Alonso, gaña o Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia
- «A punta de pistola» en LG3
- Ficha da novela na editorial Xerais
- «A punta de pistola», folla de novidades da editorial
- Toda a información na web do autor
- Fran Alonso fala en V Televisión de A punta de pistola, novela gañadora da XII edición do Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia.