Un relato terrorífico e arrepiante: «Silencio», de Fran Alonso. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela Silencio, de Fran Alonso, publicada na colección Fóra de Xogo.

 

 

Silencio

Teño o estómago revolto e o corazón oprimido agora mesmo: veño de rematar este novela que Fran Alonso ofrece arestora na editorial XeraisSilencio. Dende logo, non agardades unha lectura agradable, senón unha lectura curta e intensa que beberás dunha sentada e que logo provocará unha indixestión. Este é o propósito de Fran: desacougarnos. E abofé que o consegue. Pois menos mal que non a lin pola noite, porque a ver como podería vir logo o sono, coas imaxes de comidas monstrosas e de nenos estarrecedores! Porque topamos nesta novela unha sociedade urbana -a nosa- abafante e deprimente que pode provocar no ser humano calquera tipo de consecuencia deprimente e paranoica. E nesa paranoia permanecemos, mentres pechamos o libro e cavilamos que nós tamén precisamos un pouco de silencio.

Aínda que non deste calibre.
Porque ese demo dun inferno social permanece entre nós e moi paseniño vainos abafando, percorréndonos e dominándonos, nun relato terrorífico e arrepiante que non queremos que se faga realidade. Unha reflexión social que deita no noso lenzo cotiá Fran Alonso.
E que permaneza o silencio.