Un lector recomenda en vídeo a novela «Tráiler», de Fran Alonso, para o proxecto Kuentalibros

Un lector recomendou Tráiler, a novela de Fran Alonso, para o proxecto Kuentalibros.

Tráiler

O lector achará en Tráiler un mesto conxunto de anécdotas, lembranzas,Tráiler peripecias e transos, presentados cun gran senso do realismo e escolmados cun óptimo criterio narrativo. O ton humorístico adoptado para relatar historias alleas, máis ou menos reais ou magnificadas, feitas literatura sen abusar do artificio literario nin da boa vontade do lector, permítelle a este sintonizar co punto de vista dese narrador que completa as diversas historias dos tres semi-heroes que percorren diferentes estradas entre o 27 de febreiro e o 1º de marzo do 91, ao tempo que a radio vai informando sobre a resolución da guerra de Irak.