Un debuxo inspirado no libro «O meu gato é un poeta» gaña o concurso «Adopta un animal de conto»

primeiros_gato

 

 

Un debuxo inspirado no libro O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, realizado pola nena Claudia Sande Bahamonde e presentado na Biblioteca Municipal de Valdoviño resultou gañador na categoría de Primeiros Lectores (1º, 2º e 3º de Primaria) do concurso Adopta un animal de conto. A OEPLI acaba de facer público o fallo do concurso «Adopta un animal de conto», iniciativa na que participaron diversas entidades de toda Galicia e o resto do Estado, organizada co gallo do Día Internacional do Libro Infantil. A entrega do premio tivo lugar o pasado martes 21 de xuño na Biblioteca Pública Municipal Os Templarios de Cambre.

A TVG emitiu a información da entrega nos Premios neste Telexornal.