Un bo tempo lector co poder da ficción, a realidade virtual e a crítica social. Recensión de «Contos nerviosos» en Trafegando ronseis

Rainha_recort

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre Contos nerviosos, de Fran Alonso, ilustrado por Dani Padrón e publicado pola editorial Embora.

Contos nerviososContos-nerviosos-pequena

Publica en edicións Embora Fran Alonso este Contos nerviosos, con ilustracións de Dani Padrón, un libro para ler en catro sentadas, ou nunha, como queira o pracer da lectura, xa que non provoca nervios a pesar do seu título, pero si provoca un divertimento, dende o neno nervioso polos ruídos -así temos unha critica a esta sociedade barulleira na que vivimos- ata o poder da ficción que provoca a fuxida da realidade, é dicir, a chamada realidade virtual ata esa nena parva que nunca está contenta con nada -esta si que nos pon nerviosos- ata que aprenda.
Así pois, non nos poñamos nerviosos, ben ao contrario, relaxémonos para pasar un bo tempiño lector… teñamos a idea que teñamos.