Tag Archives: Santiago de Compostela

A libraría Cronopios de Compostela acolle este sábado ás 12,30 h o espectáculo infantil co que Fran Alonso presenta o seu libro «Poemas birollos para ler cos ollos»

web2

A libraría Cronopios de Santiago de Compostela acollerá este sábado 15 de outubro ás 12,30 h. o espectáculo infantil de Fran Alonso co que presentará o seu libro Poemas birollos para ler cos ollos (publicado por Xerais). O espectáculo, de animación literaria e dirixido ao público infantil, será conducido polo escritor Fran Alonso. De que está feita a poesía? Para

Read more

«Poetízate» no IES Xelmírez de Compostela da man de Fran Alonso

FA01

  A web do IES Xelmírez de Santiago de Compostela publicou unha información sobre a visita de Fran Alonso aos estudantes de 4º da ESO, para os que realizou o espectáculo «A poesía é un globo» na súa versión Poetízate, o libro que leron nas aulas.  

Read more

«Poétic@», o libro de poesía electrónica de Fran Alonso, recibe o Premio Gala do Libro Galego ao mellor proxecto literario na rede

Premio Gala Libro Galego

Poétic@, o libro de poesía electrónica de Fran Alonso, publicado o pasado ano 2015, recibiu onte sábado en Santiago de Compostela o Premio Gala do Libro Galego ao mellor proxecto literario na rede. O xurado, composto por Irene Penas, Pilar Sampedro, Gracia Santórum, Mercedes Queixas, Pilar Rodríguez, Ramón Nicolás e Ana María Guerra, destacou  «a innovación da proposta, que eleva

Read more

María Solar: «Contos nerviosos é un libro delicioso e diferente»

Presentacion Cnerviosos

«Contos nerviosos é un libro delicioso e diferente», manifestou a escritora e xornalista da TVG María Solar o pasado 6 de maio durante a presentación en Compostela de Contos nerviosos, de Fran Alonso, no marco da Feira do Libro. Casualmente, a escritora tamén publicaba unha novidade eses días: a novela As horas roubadas, que edita Xerais en galego e Grijalbo

Read more

A editorial Embora publica «Contos nerviosos», de Fran Alonso, que se presenta o venres na Feira do Libro de Compostela

Portada_recort

Contos nerviosos é o inquedante título do novo libro de literatura infantil de Fran Alonso,  que se presentará o vindeiro venres 6, ás sete da tarde (19 horas) na Feira do Libro de Santiago de Compostela coa presenza da escritora María Solar e mais do editor Miguel Toval, de Embora edicións. O libro Contos nerviosos, publicado pola editorial ferrolá Embora,

Read more