Reedítanse todos os libros de poesía infantil de Fran Alonso: «Cidades» (4ª edición), «O meu gato é un poeta» (6ª edición) e «Poemas birollos para ler cos ollos» (2ª edición)

hdr

Os tres libros de poesía infantil de Fran Alonso acaban de ser reeditados durante estes dous meses de outubro e novembro. Publicados na colección Sopa de Libros de Xerais e ilustrados polo propio autor, Cidades alcanza a súa 4ª edición, O meu gato é un poeta a súa 6ª edición e Poemas birollos para ler cos ollos a súa 2ª edición.

Cidades

Cidades, publicado por primeira vez en 1996, foi premio Rañolas ao Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1997. Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas. No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo e sincero, descúbrenos a emoción que latexa nas rúas e deita unha ollada tenra e rebelde sobre a vida desde a óptica da infancia e adolescencia. Cidades é unha porta para que os máis novos entren na poesía.

O meu gato é un poeta (2011), 4ª edición

O meu gato é un poeta, publicado en 2011, foi Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil do ano. É un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida.O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplia ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial. A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto.O meu gato é un poeta conta tamén con web propia www.gatopoeta.net. Nesta páxina o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con respostas…

XG00258001Poemas birollos para ler cos ollos, publicado en 2016, é un libro de poesía infantil que parte dunha concepción lúdica, divertida e transgresora da poesía. Os poemas nacen de dúas fontes fundamentais: a poesía visual e a oralidade. Botando man do elemento gráfico para facer que os poemas se lean coma se fosen cadros e buscando a complicidade das cancións infantís, dos arrolos e das sortes, Fran Alonso fai neste libro unha proposta sorprendente e modernizadora. O resultado é un libro moi accesible que sitúa a poesía moi próxima á sensibilidade das nenas e nenos de hoxe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CAPTCHA Image

*