A Ficha de Lectura de «Silencio» aporta interesantes propostas didácticas

Silencio (2014), 3ª ed

Xerais incluíu na súa web a Ficha de Lectura da novela Silencio, de Fran Alonso, que inclúe diversas liñas de análise do libro, así como exercicios didácticos da man de David Rodríguez, autor da ficha didáctica. A ficha pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón da web de Xerais. Silencio pode lerse en papel ou en formato epub (versión dixital).

 

Silencio relata a historia dun xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio. A través dunha atmosfera intrigante, Silencio configúrase como unha novela de suspense, suspense que se intensifica de forma vertixinosa para presentarnos unha historia próxima ao misterio e ao desacougo urbano. Con esta novela descubrimos o arrepío que habita no ser humano contemporáneo con só rañar uns centímetros na cotra do cotián, na nosa vida doméstica. Coa súa capacidade habitual para transportarnos aos lugares máis sorprendentes e cun estilo directo, breve e conciso, en Silencio Fran Alonso non deixa lugar para o respiro.