«Poetízate», de Fran Alonso: opinión dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis as opinións dos seus alumnos e alumnas sobre a antoloxía de poesía galega Poetízate, feita por Fran Alonso.

Poetízate

Comentario de Tamara Pereiras

Poetízate

Poetízate

Antes de ler este libro, para min, o concepto de poesía era sinónimo de aburrimento, peron cando comecei a lelo, decateime de que a poesía é algo realmente marabilloso.

Gustoume moito o prólogo de Fran Alonso antes de comezar a lectura, pareceume unha maneira moi amena de achegarse ao lector.
En canto ao contido do libro, gustoume moito a selección de poemas do autor, en especial gustáronme os poemas de autores máis contemporáneos, pero os poemas seleccionados dos “grandes” da poesía galega tampouco están nada mal.
Non sería quen de quedarme cun só poema, xa que todos me pareceron xeniais, pero o que máis me chamou a atención, foi o de “Autopsia” de Carlos Negro, xa que con tan poucas palabras expresa unha das desgrazas máis comúns na adolescencia.
Gustaríame rematar dicindo, como ben dixo Fran Alonso, que a poesía non morde, e que é un xénero moi entretido e que transmite moito.

 

Poetízate

Comentario de Alberto Cedeira Bravo 
O libro de Poetízate foi un libro que a dicir verdade non lin con gran interés dado que a poesía non é o meu xénero literario favorito nin moito menos: aínda así, teño que admitir que algúns poemas me fixeron rir, outros parecéronme axeitados para dedicarlle a algunha rapaza guapa, e outros gústaronme polo compoñente existente de crística social. Quizais deberiamos de ler moita máis poesía porque non estamos acostumados e eu no meu caso houbo poemas que non entendín en absoluto. Prefiro ler outro tipo de libros, pero quizais este foi máis fácil de ler có anterior libro, ademais tampouco se pode dicir que tardase moito en lelo. Se a alguén lle gusta a poesía galega debe ler este libro.

Poetízate

Comentario de Lara Fondevila
Esta antoloxía recolle moitos poemas dos que me gustaron: “Xan” de Rosalía de Castro; “Cando Eduardo Pondal” de Eduardo Pondal; “Ecelsior” de Manuel Antonio; “Nunha cena de amigos” de Aquilino Iglesia Alvariño; “Deitado frente ao mar” e “Xaneiro 1972, II” de Celso Emilio Ferreiro; “Bando” de Manuel María; “O que amo é o amor” de María Xose Queizán; “As copias do rexistro” de Marilar Aleixandre; “Ame o pobo o bo poemA” de Gonzalo Navaza; “Tódolos bebés son tu e ningún coma ti” de Xela Arias; “Autopoética” de Ronseltz (cuxo poema me encanta pero non comprendo o final); “Quérote como aquel home” e “Quérote como o gato que durmía” de Raúl Gómez Pato; “Sombras” de Xosé María Álvarez Caccamo.
Non me gustaron porque non tiñan sentido ou por moi longos: “Xogo ruín” de Luís Pimentel; “Saudade” de Eduardo Blanco Amor; “Reclamo a liberdade pró meu pobo” de Xosé Luís Méndez Ferrín; “Rúa do Canceleiro” de Ramiro Fonte.
“Domingo, 18″ de Kiko Neves gustoume o principio pero non o final, outros salientan por divertidos: “O preguntón” de Celso Emilio Ferreiro e “Unha moto que vira para a esquerda” de Xavier Santiago.
Hai un poema que só me gusta o principio e o final, o medio non, “Follow me” de Antón Reixa.
Logo hai un poema que me emocionou e me encantou “Envellecer” de Ana María Fernández.
Gústame ler poesía porque se le moi rápido e eu non son moi rápida lendo, porque me gusta e porque paga a pena lela se dentro hai algún poema como o de Ana María Fernández “Envellecer” que te emocione e te faga pensar en que é verdade e que por iso queres tanto aos teus avós.

Poetízate

Comentario de Ana Brandariz

Pódese dicir que a poesía nunca me gustou moito, como di Fran Alonso eu sempre pensei que era un xénero aburrido que fai que che dea o sono en canto comezas a ler. Agora que nos estamos empezando a achegar a poesía empezo a darme conta de que non o é, que a poesía trata moitos temas distintos, que che poden facer rir, chorar, pensar… non deixan desorprenderte. Os poemas que máis me gustan son os referidos a Galiza:  “Melodía gallega” de Curros Enríquez, “Deitado frente o mar” de Celso Emilio Ferreiro entre moitos outros. O libro en si gustoume bastante.

Poetízate

Comentario de Nuria Iglesias

Ben é certo que para gustos cores… pois ben, eu ao ler este libro divertinme bastante, atopei poemas relacionados coa nosa terra e co amor que se mostra hacia ela, tamén de amor en si, os que foron do meu agrado principalmente, até chegaron a espertar en min “novas sensacións”, algúns dirixíronme a tranquilidade, a gozar do que estaba lendo.
Dende o meu punto de vista merece bastante a pena lelo, ademais nunha horiña remátase, quero destacar algúns poemas que me gustaron moito: “Non coidarei xa os rosales” (páx. 20), e “No máis fondo, no máis fondo” (pax. 30).

Poetízate

Comentario de Ana Castro

Como ben sabemos a poesía conecta a propia realidade con pequenas doses de fantasía. Unha fantasía que nos enche de sentimentos pero sobre todo uns sentimentos que poden chegar aló a onde nós non seriamos capaces de imaxinar. Porque un poema é máis ca uns cantos versos ordenados en estrofas.
Nós estamos acostumados a ler obras narrativas por iso cada vez que nos din que temos que ler poesía sufrimos. Pero este libro gustoume moito.

Poetízate

Comentario de Ana Sofía Neto

Este libro dalgun xeito sorprendeume, xa que case non leo poesia, e cando me dixeron que poetizate era un libro de poesia crin que o libro non me ia gustar para nada, mais como dixen antes sorprendeume, a verdade gustoume moito.  As poesias están moi ben, aínda que me gustan unhas máis ca outras, unhas das que me gustan son por exemplo: “Ninguén” de Lupe Gomez, “A Veces Digo Amor” de Pilar Pallares, “O que amo é o amor” de María Xosé Queizán, “Onde o mundo se chama Celanova” de Celso Emilio Ferreiro,  “Longa noite de pedr” de Celso Emilio Ferreiro, “No desterro” de Ramón Cabanillas, e “Se o amor fose excesivo” de David Rodríguez.
Tratan sobre temas de amor, natureza, sobre Galicia, sobre a terra, sobre a saudade…
É un libro que volvería a lelo unha e outra vez.

Poetízate

Comentario de Antía Iglesias

Poetízate, como ben di o título, é un libro adicado á poesía no que se recollen numerosas obras de diferentes autores.
Claramente non me resultou difícil de lelo, ás veces o que me complica é poder saber e comprender de que forma se representan os sentimentos de alguén. Supoño que isto tamén repercute en que a maioría destes anos acostumeime aos libros da narrativa.
Sen dúbida os poemas que máis me gustaron foron os referidos a temática do amor. Un deles é a “Metáfora da metáfora” de María Xosé Quizán polo modo en que xoga coas palabras e como chega a este final.
“O que amo é o amor
a mesma idea do amor
o feito mesmo de amar
as palabras coas que amo.
Amo a miña conciencia de amar.
Ámome.”
De modo que tamén hai moitos cos que non me sinto moi identificada, pero que igualmente
ao lelos gustan, e ao rematar de ler o libro, pensas, serei eu tamén capaz de poder escribir
poesía?
Comentario de Javier Barreiro
Poetízateé un libro de poemas moi bonitos. Eu non son moito de ler este tipo de libros, xa que non me gustan, pero aínda así houbo poemas que me gustaron moito, e outros que non me agradaron tanto.

Poetízate

Comentario de Ana Sofía Neto

Este libro dalgun xeito sorprendeume, xa que case non leo poesia, e cando me dixeron que poetizate era un libro de poesia crin que o libro non me ia gustar para nada, mais como dixen antes sorprendeume, a verdade gustoume moito.  As poesias están moi ben, aínda que me gustan unhas máis ca outras, unhas das que me gustan son por exemplo: “Ninguén” de Lupe Gomez, “A Veces Digo Amor” de Pilar Pallares, “O que amo é o amor” de María Xosé Queizán, “Onde o mundo se chama Celanova” de Celso Emilio Ferreiro,  “Longa noite de pedr” de Celso Emilio Ferreiro, “No desterro” de Ramón Cabanillas, e “Se o amor fose excesivo” de David Rodríguez.
Tratan sobre temas de amor, natureza, sobre Galicia, sobre a terra, sobre a saudade…
É un libro que volvería a lelo unha e outra vez.

Poetízate

Comentario de Antía Iglesias

Poetízate, como ben di o título, é un libro adicado á poesía no que se recollen numerosas obras de diferentes autores.
Claramente non me resultou difícil de lelo, ás veces o que me complica é poder saber e comprender de que forma se representan os sentimentos de alguén. Supoño que isto tamén repercute en que a maioría destes anos acostumeime aos libros da narrativa.
Sen dúbida os poemas que máis me gustaron foron os referidos a temática do amor. Un deles é a “Metáfora da metáfora” de María Xosé Quizán polo modo en que xoga coas palabras e como chega a este final.
“O que amo é o amor
a mesma idea do amor
o feito mesmo de amar
as palabras coas que amo.
Amo a miña conciencia de amar.
Ámome.”
De modo que tamén hai moitos cos que non me sinto moi identificada, pero que igualmente
ao lelos gustan, e ao rematar de ler o libro, pensas, serei eu tamén capaz de poder escribir
poesía?

Comentario de Javier Barreiro
Poetízate é un libro de poemas moi bonitos. Eu non son moito de ler este tipo de libros, xa que non me gustan, pero aínda así houbo poemas que me gustaron moito, e outros que non me agradaron tanto.

Poetízate

Comentario de Andrea Meijomín

A simple vista o libro parece pesado, pero non o é en absoluto, lese fácil e vale a pena lelo. A min persoalmente gústame máis a narrativa que a poesía, pero nun libro con tantos poemas é díficil non encontrar un que che chegue, que che faga pensar ou co que te sintas identificado dalgunha forma.
Algúns dos que máis me gustaron foron os de Ana Romaní, “Agora” de Xoán Abelleira, “Cando ela dorme” de Vicente Araguas e “Os domingos, maiormente” de Kiko Neves, entre outros.
O libro fai un percorrido polos poetas máis clásicos aos máis novos, recoméndoo a quen queira empezar a adentrarse no mundo da poesía.
Comentario de José Manuel Vila Fondevila
Nunca me parara a ler libros de poesía, simplemente porque as poucas poesías quevlera ata este momento me parecían moi aburridas, pero este libro a verdade é que me sorprendeu. Había poesías que me gustaron moito, tamén houbo algunhas que non, cousa que é normal debido a toda a variedade que tiña, pero a maioria gustáronme.
Aconséllollo a calquera persoa que non lle guste a poesía para que así se dea conta de que este xénero non é so romántico, senón que ten moito máis que iso.

Poetízate

Comentario de Eva Fares

A poesía aquí recollida é moi sixela de ler e iso anímate a ler poesía, que é un xénero pouco lido. É realmente interesante porque esta antoloxia vai dende Rosalía de Castro ata a poesía actual, pasando por gran variedade e tipos de poesía.
Gustoume moito tanto “A onza de chocolate, o peixe e o paxaro” de Carlos Negro como “A poesía non morde” de Fran Alonso, posiblemente fose o que máis me gustou do libro.
Logo de ler todos os poemas, a visita guiada do final do libro anímate a reler o libro. Este libro
racha con todas as visión típicas da poesía, como que é cursi e difícil de ler, e ademais fai un
percorrido pola literatura galega moi interesante.
Paréceme un bo libro para iniciarse coa poesía, coincidindo coa intención do autor.
Comentario de Lucía Pérez Vázquez
Este pequeno pero agradable libro de poesía, a verdade é que me gustou bastante polo simple feito de que recolle moitos dos autores importantes na historia de Galiza coma os que pasarán para ela máis adiante. Ler así, poema a poema é algo agradable, cada palabra, verso, estrofa ou o poema enteiro garda cousas moi bonitas e cada un destes poemas significa algo moi diferente. A miña conclusión é que o libro está moi ben e ademais recolle o mellor de cada personaxe galego é algo extraodinario

Poetízate

Comentario de María Rey

O libro pareceume moi sinxelo e entretido de ler. Certamente, como é lóxico, houbo poemas que pasaron sen pena nin gloria ante os meus ollos, pero houbo otros que me gustaron moito como son:
  •  ‘Moraima’,  xa que me expresa un amor verdadeiro, e creo que como a calquera, a min gústame enganarme crendo iso do amor verdadeiro e eterno, ese polo cal olvides o sufrimento.
  • MARÍA XOSÉ QUEIZÁN:
O que amo é o amor
A mesma idea do amor
O feito mesmo de amar
As palabras coas que amo.
Amo a miña conciencia de amar.
Ámome.
Este poema tamén me gustou verdadeiramente moito, xa que representa moi ben un pensamento que sempre estivo presente en min, xa que creo que a maioría das veces non existe o amor, só as ganas de amar e os enganos que iso conleva; e tamén que non podes chegar a querer a ninguén se non comezas por quererte e ti mesmo.
  • LUPE GOMEZ
Ninguén
Me prohibirá nunca
Estar soa
Creo que o único que estás nas miñas mans decidir é a soidade, algo que ninguén me pode arrebatar e, para min, unha das cousas máis valiosas que temos.
  • BERTA DÁVILA
As bonecas finximos
Sempre
Os sorrisos que mais nos favorecen
Nunca entendín nin creo que chegue a entender por que a xente se dedica a xulgar a esas persoas que seguen co sorriso nos beizos pase o que pase,  aquelas que se enfrontan a vida ensinando os dentes, sempre son persoas que ou non senten, ou teñen algún outro mal apelativo. Para min ese poema representa a perfección dunha forma moi sarcástica de que o valente é saber sufrir e afrontar a vida cun sorriso, botarlle un pulso facéndolle saber que coñeces o difícil que pode chegar a ser, pero que non te rendes. Xa que non se pode cambiala, mellor vela polo lado bo.
En conclusión só direi que me gustou o libro, creo que da poesía sempre podes aprender moito e sempre poderás levala ao teu terreo e facela túa. Algo que a min persoalmente me gusta moito, facer meus os pensamentos alleos e pararme a pensar naquilo que nunca se me ocorrera.
Comentario de Yolanda López
Foi o primeiro libro de poesía que lin e gustoume moito aínda que houbo moitos poemas que non entendín e outros que me custaron ler.
Neste libro podes atopar poesías para todo tipo de xente e coñecer novos poetas.
Un dos poemas que mais me gustou foi “Outro Poema dos Dons” de Xulio Vancárcel, grazas a este libro puiden coñecer algo mais tanto novos poetas como abrirme mais á poesía

Poetízate

Comentario de Ánxela Llinares

Ó principio o libro tirábame para atrás pero gustáronme moito os poemas que falaban sobre a defensa da nosa lingua e da nosa terra á que lle dá moita importancia. Os que tamén captei moi ben foron os da defensa da muller. En cambio con outros tiven máis dificultade para entendelos xa que ó non me chamar tanto a atención non era capaz de percatarme do que me transmitían.
Pero en xeral pareceume unha boa obra recopilatoria de todas as mostras de arte que nos deixan os poetas da nosa terra xa que contiña unha moi boa selección.

Poetízate

Comentario de Noelia Amigo

Para min a poesía é outra maneira distinta de expresarse; non digo que sexa diferente, senón que é unha forma máis de expresar as cousas, pero facendo que ó lelas nos resulte máis bonito ler un poema que un texto narrativo. A min principalmente gústame máis ler un poema coas súas rimas, metáforas… que ler un texto narrativo.
    Neste libro a min persoalmente gustáronme moitos poemas pero cos que eu me quedaría serían con estes:
·         Amada, labro versos para ti sen sosego- Miro Villar.
·         Cando ela dorme- Vicente Araguas.
·         Non coidarei xa os rosales – Rosalía de Castro.
·         Deitada frente ao mar – Celso Emilio Ferreiro
·         Voz sen verbas – Antonio Garcia Tejero.
·         Bolboreta – Francisco X. Fernández Naval
 O que máis me gustou sen dúbida foi “Deitado frente ao mar”: este poema fala dunha propia lingua, da cal se sinte orgullosa, unha lingua que ten máis de cen anos, unha lingua falada por pais e avós, e da que  agora só quedan algúns falantes que non se avergoñan dela, tamén critica ós soberbios, ós ruíns e poderosos, ós finchados, ós baleiros, e de todos aqueles mozos que se avergoñan do galego. Tamén critica a sociedade daquela época, na cal había que suar por un prato de comida.

Poetízate

Comentario de Tamara Pereiras Villamayor

Antes de ler este libro, para min, o concepto de poesía era sinónimo de aburrimento, pero
cando comecei a lelo decateime de que a poesía é algo realmente marabilloso.
Gustoume moito o prólogo de Fran Alonso antes de comezar a lectura, pareceume unha
maneira moi amena de achegarse ao lector.
En canto ao contido do libro, gustoume moito a selección de poemas do autor, en especial
gustáronme os poemas de autores máis contemporáneos, pero os poemas seleccionados dos
“grandes” da poesía galega tampouco están nada mal.
Non sería quen de quedarme cun só poema, xa que todos me pareceron xeniais, pero o que
máis me chamou a atención, foi o de “Autopsia” de Carlos Negro, xa que con tan poucas
palabras expresa unha das desgrazas máis comúns na adolescencia.
Gustaríame rematar dicindo, como ben dixo Fran Alonso, que a poesía non morde, e que é un
xénero moi entretido e que transmite moito.

Poetízate

Comentario de Paula Gamallo

Teño que ser sincera, cando nos propuxeron ler este libro a verdade semellaba un tanto raro. Poucas veces  recomendan un libro de poesía como lectura trimestral. Ao principio remitinme a pensar un pouco de xeito antiquista, e crer que o libro non me ía aportar demasiado pero a medida que me ía integrando na lectura dábame conta de que efectivamente, estaba equivocada.
Como ben di o autor, a poesía non morde. O único que precisamos é un anaquiño de tempo para mergullarnos neste marabilloso mundo do que eu, polo menos, non me arrepinto de entrar.
Teño que dar a miña mellor crítica a este libro xa que me fixo comprender moitas mensaxes nas que quizais ata agora non me detiven a pensar. Tamén me serviu para coñecer mellor unha infinidade de autores galegos cun talento verdadeiramente destacable. A mestura entre o pensamento dos poetas máis antigos e os máis modernos dálle ao libro un carácter curioso e singular.
 Verdadeiramente, ten unha natureza moi variada, ao comezar a lelo podemos somerxirnos nun mundo repleto de ideas e opinións, todas redactadas dende un punto de vista artístico moi apreciable. A ironía e a retranca son características propias da verba galega e, como non podería ser doutro xeito, están presentes en moitos dos poemas . Son moitos os poetas que se centraron en enxalzar ó noso pobo. A cultura, a lingua e os costumes galegas xogan un papel verdadeiramente importante nestes textos, son poucos os que non adican algunhas das súas composicións á nosa terra ou a loita na súa defensa.
Por un lado, chamou á miña atención a reiterada reivindicación das mulleres galegas ao longo da historia pola defensa da súa condición, dende Rosalía de Castro ata poetas máis modernas como poden ser Chus Pato, que destaca pola súa brevidade e precisión a hora de escribir,  vese clara a concepción de igualdade que se mantiña xa dende un principio, este tema sempre tocou moi fondo nos meus ideais polo tanto estas poetas desataron en min un profundo interese e admiración. Realmente a muller sempre estivo moi censurada en todos os ámbitos artísticos ou culturais e estas poetas tentan concienciarnos do difícil que é cambiar a mente da sociedade, móstrannos a realidade mesma dun xeito no que a muller era e segue a ser un obxecto sumido en milleiros de inxustizas.
Por outro lado, a poesía adicada a Galicia, esa é outra que deixou unha pegada especial no meu interior. Grazas a estes poemas, son capaz de observar a dor daqueles que viviron sumidos no fascismo, franquismo, clericalismo… de todos aqueles obrigados a emigrar que sufriron o desarraigo e a morriña nas súas carnes, aqueles que tiveron que  expresarse e desenvolverse nunha lingua que non era a súa, aqueles que viviron sumidos baixo o poder dunha sociedade radicalista onde a liberdade non tiña cabida para os máis desfavorecidos… si, doume conta desa dor, dese gran sufrimento; pero tamén me dou conta de que a problemática segue vixente no presente, a corrupción, os abusos de poder, a desigualdade de razas… son dilemas que seguen afectando á nosa sociedade de xeito habitual.
Debo facer certo fincapé nun poeta en concreto, un gran poeta, Celso Emilio Ferreiro ,que me fixo emocionar coa súa poesía de carácter social e humilde, dende o clásico “Moraima” e numerosos poemas amorosos ata aqueles que se amosan dun xeito máis reivindicativo e nos fan reflexionar sobre as inxustizas da sociedade.  Hai unha frase no poema A nosa amiga que di:  A poesía non depende do home, pro está no home, Celso era un gran amante do seu traballo e convídanos a todos a que o sintamos con el.
Creo que a mensaxe é clara e concisa,  a poesía é unha forma de expresión do sentimento, unha forma de independencia plasmada nun papel, un escapismo cara a liberdade da que carecemos, grazas a ela podemos descubrir un mundo máis alá, podemos rebelarnos contra todo o que nos abafa por dentro. O autor convídanos a manifestarnos, a declarar todo iso que gardamos no máis profundo de nós mesmos. A min, animoume.

Poetízate

Comentario de Rebeca Broemser

Posto que é un libro de poemas non sei que dicir del. Gústame a poesía e gústame lela pero teño gustos fóra do común, ou tal vez non, quen sabe dicilo? O caso é que non atopei no libro un poema que me chegara.
Non me agrada que un poema sexa estenso, como o de “Rúa de canceleiro” de Ramiro Fonte. En cambio, consideros que aínda que un poema sexa breve é capaz de transmitir moito máis, como por exemplo “Quérote como aquel home” de Raúl Gómez Pato.
Sinto dicir que ningún poema me fascinou, aínda que os que máis me gustaron foron “o que amo é o amor”, “Barathmur” e “o poema é unha pedra na cabeza”.
Como compilación de poemas para achegarse á poesía galega está ben. Pero, repito, a min non me encantou.

Poetízate

Comentario de Esperanza Rodríguez

Admito que ler a introdución foi coma se se dirixise a min, pois eu como di o libro era unha desas persoas que pensaba que a poesía mordía. Porén, ao empezar a ler sorprendinme que me gustara, que me fixeran os poemas maxinar historias coma se fosen relatos. Ademais, provocáronme unhas ganas tremendas de pórme a escribir poesías e plasmar nelas os meus sentimentos.
Teño que dicir que os que máis afondaron en min foros os poemas dos escritores xa falecidos.
O libro está xenial para calquera que non teña pensado ler poesía!!!

Poetízate

Comentario de Marina Miguélez

Paréceme un libro bastante interesante. Eu aprecio a poesía e penso que tense que ter unha gran capacidade para escribila e non calquera o pode facer. A pesar de que a min non me gusta moito creo que a temática está moi ben e admiro que queiran que nos interesemos pola poesía. É unha maneira máis innovadora de que nos guste, ainda así eu sigo preferindo a narrativa antes que a poesía.

Poetízate

Comentario de Victoria Drach

No primeiro momento que vin o libro non tiven ganas de lelo porque é todo de poesía.
Cando empecei atopeime con moitos poemas pequenos que me gustou ler, en cambio os que eran máis extensos aburríanme. Gustáronme moito os poemas de Celso Emilio e os de Manuel Rivas. Creo que me gustan ademais aqueles poemas pouco coñecidos (para min)

Poetízate

Comentario de Andrés Seoane Pena

Cando comezei a ler o libro pareceume un ‘tochazo’ e que había demasiada poesía xunta, pero intenteino como nos di Fran Alonso ao principio do libro.
Houbo algunha poesía que tiven que ler máis dunha vez para entendela pero en xeral entendín todas sen ningún problema.
Gustáronme máis os primeiros autores do libro (que son os que antes naceron) porque a súa poesía é mais sinxela e trata temas que me gustan máis.
O libro acabeino rápido porque unha vez que les unhas cantas páxinas gustanche máis e non son tan pesadas como parece.
Ten toda a a razón Fran Alonso, a poesía non morde, e paga a pena ler aínda que sexa unhas cantas obras de cada autor e autora, neste caso os  grandes da poesía galega.

Poetízate

Comentario de Fátima Bouzada

A min persoalmente os poemas nunca me gustaron, ou simplemente non quixen que me gustaran xa que non lle adicaba tempo nin atención. A atención é moi importante para despois comprender do que vai, porque senón non vale a pena lelo. Eu creo que desta vez si lle prestei atención a si me volquei neles, porque houbo moitos que me gustaron nada mais botándolle un ollo. Tamén teño que decir que hai algúns que non me gustaron para nada. Olga Novo foi unha das que máis me gustou, precisamente porque rompeu con todos os esquemas da poesía galega, deixou de lado o típico,
o amor, desamor, denuncias e volcouse na pornografía transmitindo cousas moi particulares. Así a simple vista sona moi mal, pero vale a pena comprobalo.
Ademais disto, creo que tamén lle prestei atención polo traballo que teremos que facer a continuación porque creo que é unha maneira de achegarnos máis a este ámbito, e de coñecer a grandes poetas galegos.

Poetízate

Comentario de Yolanda López

Este libro  pareceume moi complicado de ler, xa que ten moitas palabras que non as entendo e hai que facer uso do dicionario. Hai moitas poesías que non me gustaron e outras que si, sobre todo “Ós mozos”  de Manuel Curros, “¿Por que,miña almiña?” de Rosalía de Castro e “Dos celtas antigos” de Eduardo Pondal.  Outras gustáronme pola súa ironía e a súa gracia, cando Eduardo Pondal deste mesmo e “Agora cabelos negros” de Rosalia de Castro e outros moitos.
Neste libro encóntranse figuras da literatura galega máis importantes .
Este libro é moi bonito e hai moitas máis poesías bonitas, recoméndollo ás persoas que lles  agrade a poesía.