«Poetízate» chega a súa 10ª edición sobrepasando os 10.000 exemplares vendidos

Poetízate
Un verdadeiro bestseller poético. Niso converteuse Poetízate, a coñecida antoloxía da poesía galega creada por Fran Alonso que desde finais de 2006 superou os 10.000 exemplares vendidos e que nos primeiros días de xaneiro de 2013 terá nas librerías a súa 10ª edición.
A súa enorme difusión non só converteu o libro nun instrumento de animación á lectura poética, senón que espallou o interese pola poesía galega entre a mocidade. Actualizada e ampliada a partir da 8ª edición, Poetízate ofrece unha desenfadada viaxe pola poesía galega que vai de Rosalía de Castro (nacida en 1837) a Rosalía Fernández Rial (nacida en 1988), a poeta máis nova da antoloxía. É dicir, desde Rosalía ata Rosalía, Poetízate realiza un percorrido ameno e desprexuizado pola pola poesía galega co fin de seguir gañando lectores para un xénero tradicionalmente rodeado de tópicos, eses mesmos tópicos que a antoloxía de Fran Alonso se encarga de botar abaixo. Unha ollada distinta para comprender e gozar da poesía.