Paseo literario: «O Vigo portuario dos libros de Fran Alonso»

Vigo 2

Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, o sábado 24 de outubro ás 11,30 h. da mañá terá lugar un paseo literario pola cidade de Vigo. O paseo estará guiado polo escritor Fran Alonso e no seu transcurso irá desentrañando diversas claves do Vigo portuario en intersección cos seus propios libros, acompañándoo de diversas lecturas de textos nos que vida, cidade e literatura se entrecruzan.

Tomando como punto de partida a rúa García Barbón e rematando no barrio de San Francisco, exploraremos o Vigo portuario da man de Fran Alonso, guiados polos personaxes e localizacións dos seus libros, tanto de narrativa como de poesía. O percorrido levaranos polos escenarios, reais e literarios, que conectan á cidade coa ría e co atlántico, nese microespazo tan singular que define o perfil dunha cidade que naceu e medrou grazas ao mar e á actividade económica que se desenvolveu a partir del. Será un cóctel de cidade, vida e literatura aprehendida cos ollos dalgúns personaxes como a Señora Lola, que traballa facendo tortillas para os obreiros logo de cruzar a ría a diario.

Día: Sábado 24 de outubro

Hora: 11,30 horas

Saída: Rúa García Borbón (ao pé das escaleiras que soben a Alfonso XIII) 

Prazas: 50 persoas

Prezo: gratuíto

Inscrición:  actividades.snl@vigo.org

As persoas que desexen incribirse deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org a partir do día 10 de outubro até se esgotaren as prazas (50 por paseo). Inscrición por orde de chegada do correo.