Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria do CEIP Outeiro das Penas reciben a visita de Fran Alonso logo de ler «O meu gato é un poeta»

O meu gato é un poeta (2011), 4ª edición

O blog da biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, de Cesantes, Redondela, publicou unha información sobre a visita de Fran Alonso para realizar o seu espectáculo poético «A poesía é un globo» para os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria, que leron o libro O meu gato é un poeta.

 

ENCONTRO CON FRAN ALONSO

 

O alumnado de 3º e 4º curso de Primaria tivo este mércores un fantástico encontro con Fran Alonso, que ten un gato poeta e sabe moito de poesía. Por iso nos contou que a poesía é como un globo…ten catro patas…e moitas cousas máis.Unha conversa moi poética que fixo as delicias do alumnado e do profesorado.
Moitísimas grazas por este paseo polas rúas de mermelada.
DSC_0203 DSC_0193
DSC_0201 01

DSC_0196