«Os creadores cambiarán a súa mirada, o seu xeito de entender a relación coa escrita»

Alta 3

A escritora e xornalista Ana Romaní entrevistou a Fran Alonso para o programa Diario Cultural da Radio Galega sobre «Poétic@», un libro de poesía electrónica. A entrevista bota man dalgúns dos sons do libro web para realizar unha montaxe sonora que acompaña a entrevista. Entre outras cuestións, Fran Alonso salienta con respecto ao novo medio dixital que no futuro «os creadores cambiarán a súa mirada, o seu xeiot de entender a relación coa escrita». Así mesmo, Fran Alonso asegura que Poétic@ é un libro irónico e corrosivo con respecto á poesía e aos poetas, un libro onde nin sequera el mesmo se libra da burla: «ríome de min mesmo nalgúns poemas; eu tampouco me salvo», afirma.