O blog ‘Mil cousas podes ler’ recomenda «Cartas de amor», un libro que «ensina moito, non só do amor, senón dos valores humanos»

O blog Mil cousas podes ler recomendou a lectura do libro Cartas de amor, de Fran Alonso, un libro de relatos, protagonizados por mulleres que viven condicións sociais moi difíciles. O libro, que está na 8ª edición, aborda temas como a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración… a través dunha narración en primeira persoa, intimista e confesional, que fai que as súas páxinas sexan contundentes pero tenras, e se ergan coma un canto á vida e á dignidade.

 

Cartas de amor – Fran Alonso

 

O autor, Fran Alonso, neste breve libro reúne nove cartas aínda máis brevesCartas de amorcunha forza incrible e un sentimento especial, que nos transporta a nove partes diferentes do mundo para ver e vivir nove situacións que nos ensinan algúns dos significados do amor.
Fainos entender que existen moitos tipos de amor, cada cal máis difícil de explicar. Con estas variadas cartas, de menos de vinte páxinas cada unha e que teñen un poder de te transportar a lugares diversos no tempo e no espazo, é fácil chegar a imaxinar o que senten os que as escriben, e o máis divertido e emotivo, imaxinar o que sentirán os destinatarios.
Por outra banda, e seguindo as verbas do propio autor, é obrigatorio dicir que en ningunha destas historias o amor é o auténtico protagonista, se cadra, un elemento secundario, pero nada máis. Os verdadeiros protagonistas son os que escriben as cartas e nos contan as súas aventuras e experiencias como se fósemos os seus mellores amigos.
Outro dato a ter en contra é que tódalas cartas están escritas por mulleres e que equivalen a un capitulo do libro, o que fai que sintas unha auténtica conexión co remitente xusto cando chegas o remate de cada correspondencia, e que sen darte conta, te creas o puro receptor de cada unha delas.
Creo que este libro non ten desperdicio e ensina moito, non so do amor, senón dos valores humanos, da tolerancia cara os demais e a un mesmo, e como non, de temas de total actualidade que poden axudar ós máis cativos a entender cousas como o conflito de Iraq, os infernos que chegan a sufrir os inmigrantes no seu intento por chegar a unha terra mellor, a morte ou mesmo temas de homosexualidade.
E por último quen mellor para falar do seu propio libro có seu autor: