O blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomendou «Poemas birollos para ler cos ollos», un libro para gozar e achegarse á poesía cos primeiros lectores e lectoras

Cometas-non-fondo

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomendou o libro Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso.

Un novo libro de poesía para primeiros lectores

Acaba de saír publicado en Xerais o  Poemas birollos para ler cos ollos de Fran Alonso, quen se encarga tamén das ilustracións. O poeta vén de recibir o Premio ao mellor proxecto literario na rede na I Gala do Libro Galego en 2016, por Poétic@.gal.
Este  libro combina poesía e imaxes nun xogo lúdico que convida aos nenos e nenas a gozar e á vez achegarse a este xénero literario porque “a poesía non morde”. Tamén ten unha presenza importante a oralidade,  a través de cancións infantís, arrolos e sortes.
Como xa sucedía en O meu gato é un poeta, a lectura pode continuar na rede xa que inclúe a ligazón a un videoxogo.
Neste enlace  tedes unha pequena mostra do libro.
Indicado para primeiros lectores, ben pode formar parte dunha selección de lecturas para o verán.
Necesaria a poesía para nenos e nenas e tamén necesaria a poesía visual. Fran Alonso é un innovador no campo da literatura transmedia e multisoporte no panorama literario actual.