Novela negra desde a hibridación: dossier completo sobre «A punta de pistola»

O dosier completo sobre a novela A punta de pistola, de Fran Alonso, xa se pode consultar ou descargar da páxina web de Xerais.

A punta de pistola, publicada na colección Fóra de Xogo, de Xerais, foi sinalada recentemente polo crítico Ramón Nicolás entre as novelas que están a contribuír á hibridación e renovación do xénero negro.

Esta novela, escribía na súa crítica, «simboliza á perfección o resultado da hibridación que se apuntaba arriba. Velaí unha novela na que o conflito, e a súa evolución, vai mesturándose en doses convenientes con elementos da novela negra fundidos cos da exhibición dunha problemática social concreta sen esquecer, ademais, un desafio global de fronteiras esvaecidas entre a novela para adultos e a xuvenil, sempre cunha pulsión narrativa envexable».