Poesía

Terrraza

Terraza

Edicións Xerais de Galicia, 2017
1ª edición
Poesía 

Un home contempla a vida e o paso do tempo desde a terraza dun bar e escribe poemas mentres toma un café. Pero a vida –e o tempo–, coma un agromo que se renova cada día, nunca se detén, nin nas miradas extraviadas dos perdedores, nin na arrogancia indomable dos adolescentes, nin no narcisismo fetichista das redes sociais, nin na estrañeza das avestruces que se ocultan, nin na aceptada resignación das persoas devoradas pola rutina, nin na ambición insolente e pretensiosa das motos.

 

 


 

Cub_Poetica 2
Poétic@

Poesía electrónica e transmedia
Desenvolvemento web: Estudi Llimona
Editorial Pitipoto, 2015
Edición electrónica, habilitada para ler en ordenador, tabletas e móbiles.
Acceso libre en http://www.poetica.gal

Poétic@ é un libro dixital de poesía electrónica e transmedia que explora as posibilidades expresivas das novas tecnoloxías na creación literaria a través dun discurso ácido e corrosivo sobre a propia poesía e os seus mitos e tópicos. Este libro supera o concepto tradicional de poema para acomodarse no máis acaído de «instalación poética» e constrúese botando man de distintas linguaxes contemporáneas que comparten un espírito lúdico e provocador, contraditorio, que confunde, experimenta, investiga e dá lugar a un poemario diferente, multifocal e polidiscursivo, fragmentario, irónico, no que as propias citas doutros/as creadores/as se incorporan ao texto formando parte indisociable de cada instalación poética.
Poétic@ dótase, a través da web, de formas comunicativas mestizas, de carácter interno ou externo, que se funden co texto para tecer unha estrutura con fasquía de arañeira. Nela, os seus múltiples fíos entrelázanse coa incorporación da publicidade, da voz coloquial, do enredo, do discurso político, do eslógan, do recurso web, das propostas en vídeo ou en audio, da música, do emoticono, da canción infantil e de materiais lingüísticos de procedencia diversa. Recoñecendo as dificultades da sociedade actual para distinguir entre o banal e o transcendente, desde un sentido do humor irónico e transgresor, Poétic@ cuestiona a propia razón da poesía cun poemario participativo no que o hipertexto, máis aló de cumprir unha función informativa, pode cambiar o sentido do poema, confundindo os lectores e lectoras e solicitándolles un novo pacto de complicidade e relación ao abeiro das novas tecnoloxías.

 


 

Transición

Transición

Libro con CD que inclúe poemas recitados por María Lado e Fran Alonso
Editorial Franouren, 2011

1ª edición

Ao abrigo de Transición amarran poemas que erguen a voz e loitan, versos que non esquecen nin un só nome, poemas de sombras, de fuel; pero tamén poemas que xogan a ser música, que desfán as sílabas en compases, xogo que Fran Alonso domina con delicia, e tamén poemas onde o lector percorre a casa, os ruídos das portas dos veciños, poemas con vistas a ese Vigo que se deita como un animal adormecido. Transición é un libro de moitas caras pero, sobre todo, de moitas falas.  Por iso eu recomendo, se se me permite, ler Transición sempre con voz, pronuncialo en alto, porque  é un poemario que pide saír pola boca. É para ler en pé no cuarto ou sentado baixo as sombras dunha tarde no xardín, pide chegar coma un fío recitado para os amigos fronte ao mar, para o amante no leito, para os condutores dos vitrasas, para as mulleres que berran os nomes dos peixes nas prazas. Transición quere a vida e non dubida en pedila a berros.

 


 

Balada solitaria

Balada solitaria

Poemas de Fran Alonso e fotografías de Renato Roque
Edições Éterogémeas, 2004 (Portugal); 2ª ed, Franouren 2011, incluído en Transicion
1ª edición

A partir dunha proposta de Luis Mendonça –editor das Edições Éterogémeas (Porto, Portugal)–, o escritor galego Fran Alonso escribiu un texto poético para a colección Curtocircuito que foi ilustrado polo coñecido fotógrafo portugués Renato Roque. En Balada solitaria, o autor vigués reflexiona –nun desgarrador poema– sobre a soidade e os cambios nas relacións humanas das sociedades contemporáneas.  En Balada solitaria fúndense dúas linguaxes, propias e distintas, para contar unha historia (a do texto de Fran Alonso e a das fotografías de Renato Roque), dúas linguaxes que sintonizan, se entenden e complementan a partir da súa diferencia, da diverxencia dos seus soportes, para crear unha mesma tensión narrativa. De tal modo, o autor literario e o autor gráfico consiguen en Balada solitaria unha gran harmonía, a harmonía, se cadra, do desacougo, para repensar a individualidade da sociedade actual.   O libro preséntase como un poemario, aínda que se apoia sobre unha estrutura narrativa, unha confusión deliberada por parte do escritor, quen recoñece que busca difuminar os lindes entre xéneros e prefire contemplar a súa obra dende unha perspectiva global.  O prólogo do libro correu a cargo de Teresa Siza, directora do Centro Português de Fotografia, dependente do Ministério de Cultura portugués.

 


 

Subversións

Subversións

Edicións Xerais de Galicia, 2001
1ª edición

Subversións. Contra o sometemento. Contra a poesía. Contra o poder. Contra as estructuras da lingua. Contra o conformismo. Subversión: poética da liberación. A fin do milenio, a insubmisión, a solidariedade, a lingua, o conflito bélico ou as marxes da noite desfilan polos longos poemas de Subversións. A subversión como estigma de vida e como xeito de concibir o acto creativo. A subversión é un aturuxo mestizo, profundo e dolorido que sae das entrañas do autor, ateigadas de terra, e sitúanos nunha órbita planetaria desde a que Galicia se ve no Mundo a vista de paxaro. Subversións, o libro de poemas de Fran Alonso, supón unha entrega coa que o autor, unha das voces máis destacadas da década dos 90, dá un paso adiante na súa identificable arquitectura poética. Subversións, ademais, recompila neste mesmo volume toda a obra poética de Fran Alonso anterior a 2001 excepto Cidades.

 


 

Tortillas para os obreiros

Tortillas para os obreiros

Edicións Espiral Maior, 1996; 2ª ed, Xerais 2001, incluído en Subversións
1ª edición

«Son secuencias piratas, montadas alternativamente para crearen ilusión de simultaneidade: van dar as oito da mañá e o libro dura o que unha viaxe ata Vigo no barco de Cangas. Un lirismo apoiado no estrañamento que sempre produce o cotián e na intensidade dos símbolos, mestura postmoderna do urbano e o tradicional. Lírica insumisa». (Iris Cochón).
«Tortillas para os obreiros, é unha aldrabada á conciencia do lector, un paseo polo inferno da morte e da rutina. Un poemario secuencial e simétrico, que verte pousos descorazonadores da nosa existencia. Páxinas que nos levan alén do pedramol, do siroco e dos obreiros, coa exactitude e a ambigüidade da palabra poética de Fran Alonso».(Ramón Nicolás).
Tortillas para os obreiros (Espiral Maior, 1996) es uno de los libros fundamentales de este periodo. (Poesía gallega joven, Elena Medel).
Fran Alonso consolídase con este libro como unha das voces  máis activas e interesantes do panorama literario galego na actualidade. (Teresa Seara, A Nosa Terra).
Tortillas para os obreiros é un libro proletario, de clase, inquedo, rutinario, cru, de léxico mesto como a néboa mañanceira e sonoro como as sereas das fábricas; case un libro de culto. (Xosé Manuel Freire, Bambán).

 


 

Persianas, pedramol e outros nervios

Persianas, pedramol e outros nervios

Edicións Alacrán, 1992; 2ª ed, Xerais 2001, incluído en Subversións
1ª edición

Fran Alonso, desde este libro, vai ter moito que dicir nunha poesía, a nosa, precisada de novas formas de expresión conceptuais. (El Correo Gallego, Vicente Araguas)
Fran Alonso quere aprofundar na esgazadura coa corrente estétitca da nosa lírica nacional dos anos oitenta e que se caracterizou por unha excesiva carga de lirismo e moito hermetismo. (…) O roturismo de Persianas, pedramol e outros nervios maniféstase a través de aspectos que atinxen á forma e outros que teñen que ver co fondo. A Nosa Terra, Miro Villar).
Quisiera citar aquí alguna obra seguramente digna de poner en relación con toda esta lenta asunción de una nueva estética y a la que sin embargo no se hizo demasiado caso, como Persianas, pedramol e outros nervios (Alacrán: Vigo,1992) de Fran Alonso. (La literatura gallega ante el siglo XXI, Yolanda Castaño)

 


 

A lua no porobadorA lúa no probador

Relatos e poemas de 1986 a 1990
Diaro 16 de Galicia / Editorial Grupo Acsa, 1992

A lúa no probador reúne catro relatos e oito poemas escritos entre 1986 («As mulleres do Sáhara») e 1990 (o poema «Tívenlles tanto medo»). Todos eles son, daquela, anteriores á escrita de Tráiler (a primeira novela de Fran Alonso) e de Persianas, pedramol e outros nervios(o primeiro poemario do autor). Con anterioridade, publicáranse nalgunhas revistas literarias (moi especialmente a revista Ólisbos ou volumes colectivos e foron reunidos especificamente para a publicación deste volume. Son, sen dubida ningunha, textos literarios de aprendizaxe. O derradeiro relato do libro («O mañá depende de nós») recibira, no seu día, o Premio Curuxa Literaria do Museo do Humor de Fene (1990) e o relato que dá título ao volume tamén fora galardoado nun certame universitario