Poesía infantil e xuvenil

portada ciudades.indd

Ciudades

Traducción al español de Fran Alonso
Kalandraka, 2018
1ª edición, Colección Orihuela

Versos urbanos fluyen por calles y plazas, lirismo sobre ruedas, voces y ruídos envueltos en polución. Paisaje y paisanaje plasmados en un mapa poético, donde no faltan los oasis físicos y emocionales.
Ver en ISSUU

PREMIO RAÑOLAS DE LITERATURA INFANTIL 1997
ACCÉSIT DEL PREMIO LAZARILLO 1996


Street_poems_web

Street poems

Edicións Xerais de Galicia, 2018
2ª edición
Poesía xuvenil (a partir de 12 anos)

Fran Alonso volve sorprender desde a poesía infantil e xuvenil, cunha ollada interdisciplinar, fundindo a frescura e a forza dos versos coa improvisación rebelde da “street art”. Este é un libro de poemas inconformistas, críticos, gamberros e combativos; disparos de graffiti que poderían ser escritos nos muros e rapeados con pintura nas paredes, seguindo a estela da arte na rúa, un libro que procura espazos de confluencia entre as artes plásticas e a poesía. Os poemas de “Street Poems”, volven mostrarnos un autor atrevido, capaz de actualizar e sacudir o lectorado de poesía infantil e xuvenil.


XG00258001
Poemas birollos para ler cos ollos

Edicións Xerais de Galicia, 2016
2ª edición
Poesía infantil

Poemas birollos para ler cos ollos é un libro de poesía infantil que parte dunha concepción lúdica, divertida e transgresora da poesía. Os poemas nacen de dúas fontes fundamentais: a poesía visual e a oralidade. Botando man do elemento gráfico para facer que os poemas se lean coma se fosen cadros e buscando a complicidade das cancións infantís, dos arrolos e das sortes, Fran Alonso fai neste libro unha proposta sorprendente e modernizadora. O resultado é un libro moi accesible que sitúa a poesía moi próxima á sensibilidade das nenas e nenos de hoxe.


O meu gato é un poeta (2011), 4ª edición

O meu gato é un poeta

Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil de 2011
Edicións Xerais de Galicia, 2011
8ª edición
Poesía infantil

O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida.O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplia ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial. A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto.O meu gato é un poeta conta tamén con web propia www.gatopoeta.net. Nesta páxina o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con respostas…


Cidades
Cidades

Premio Rañolas ao mellor libro de literatura Infantil do ano / Accésit Premio Lazarillo
Edicións Xerais de Galicia, 2011

4ª edición
Ilustracións de Fran Alonso

Poesía infantil

Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas. No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo e sincero, descúbrenos a emoción que latexa nas rúas e deita unha ollada tenra e rebelde sobre a vida desde a óptica da infancia e adolescencia. Cidades é unha porta para que os máis novos entren na poesía.


Poetízate

Poetízate

Antoloxía da poesía galega
Edicións Xerais de Galicia, 2006

17ª edición

A poesía non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate. Poetízate –que consta do propio corpus poético, un limiar e unha «visita guiada» a xeito de epílogo– é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de Poetízate percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores.