Fran Alonso solicitou a retirada de concurso de «A punta de pistola» dos Premios da Edición

A punta de pistola

O escritor Fran Alonso solicitoulle hai dúas semanas á Asociación Galega de Editores, coincidindo co momento en que se fixo pública a composición do xurado dos Premios da Edición, a retirada de concurso da súa novela A punta de pistola, que foi elixida entre as finalistas do Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil. A solicitude do escritor prodúcese pola relación familiar que o une a unha das persoas que a organización nomeou para o xurado. Fran Alonso agradécelle, así mesmo, aos editores/as o apoio á súa novela, o que permitiu que fose finalista.