Fran Alonso participou xunto con Antoine Cassar no ciclo Poetas Di(n)versos

Cassar_FranAlonso_YolandaCastanho

Antoine Cassar, Fran Alonso e Yolanda Castaño ao comezo do recital

O escritor Fran Alonso participou o pasado 30 de decembro na Coruña no ciclo de Poetas Di(n)versos xunto co poeta maltés Antoine Cassar. Durante unha hora longa, o público puido escoitar o recital poético de cada un dos convidados, baixo o denominador común do cuestionamento das fronteiras xeográficas; ambos os dous poetas ofreceron unha intensa lectura de parte da súa obra poética, recitando cada un na súa lingua orixinal. No caso de Antoine Cassar, contou tamén coa tradución dos textos por parte de Yolanda Castaño. O ciclo está coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellería de Cultura da Coruña, e celébrase no auditorio do Centro Ágora.
O folleto de presentación de ambos os dous poetas pode descargarse neste enlace.
Durante a lectura, Fran Alonso realizou un percorrido breve pola súa traxectoria poética a través da maior parte dos seus poemarios publicados: Persianas, pedramol e outros nervios (1991), Tortillas para os obreiros (1996), Cidades (1996), Subversións (2002), O meu gato é un poeta (2011) e Transición (2012). O poeta rematou a súa intervención coa lectura de dous poemas dun libro aínda inédito titulado Poétic@


Reproducimos a información de El Boletín Coruñés referida ao acto:

Fran Alonso es uno de los escritores más activos actualmente en Galicia: poeta, narrador, editor y periodista, en los últimos años su fama literaria se intensificó, además, gracias a la elaboración de la antología Poetízateuna exitosa antología de poesía gallega dirigida a escolares, que va por la 12ª edición y se ha convertido en toda una referencia–, así como por sus publicaciones y espectáculos de poesía dirigida al público infantil.

El escritor y traductor Antoine Cassar ha residido en Inglaterra, Malta, España, Italia, Francia y Luxemburgo, y publica poesía maltesa, inglesa y multilingüe. Su poema largo Passaport (2009), impreso en la forma de un antipasaporte válido para todos los pueblos y todos los paisajes, fue publicado y presentado en ocho idiomas y en tres continentes (incluyendo la Feria del Libro de A Coruña en 2010). Los beneficios obtenidos por la venta de este libro son para las ONGs locales que ofrezcan asistencia legal y lingüística a refugiados y solicitantes de asilo, como es el caso en Galicia de Ecodesarrollo Gaia. 



Cando choro, / fágoo sempre sobre os mapas, / para que chova sobre as cidades preferidas. / As cidades dos mapas, / aquelas que se poden percorrer / co perfil perdido da mirada, / e viaxar dunha a outra nun segundo, /abarcalas todas, / ou vivir en todas e en ningunha. / Son as cidades dos mapas, / as urbes sobre as que sempre choro / cando estou desconsolado.

Fran Alonso