Fran Alonso, entre os autores máis lidos nos Clubs de Lectura dos centros de ensino

Clubs lectura

O blog Ler en mancomún publica unha información da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia que dá a coñecer o listado de autores e autoras máis lidos nos Clubs de Lectura dos centros de ensino de Galicia neste último curso escolar. Fran Alonso, con 16 títulos, sitúase nos primeiros postos dos autores/as con maior presenza nos clubs de lectura, o que xa sucedeu tamén no ano anterior. Así mesmo, a antoloxía de poesía galega Poetízate (2006), preparada por  Fran Alonso, figura entre os 50 títulos máis frecuentes nos distintos clubs de lectura.