Este sábado Fran Alonso presenta na libraría Moito Conto da Coruña un espectáculo infantil de animación literaria en torno aos seus libros «Contos nerviosos» e «Poemas birollos para ler cos ollos»

Confeti

Contos-nerviosos-pequenaEste sábado 1 de outubro, ás 12:30 horas, o escritor Fran Alonso presenta na libraría Moito Conto da Coruña un espectáculo infantil de animación literaria en torno aos seus libros Contos nerviosos (publicado por Edicións Embora) e Poemas birollos para ler cos ollos (publicado por Xerais).

O espectáculo, de animación literaria e dirixido ao público infantil, será presentado por Miguel Toval, director de Edicións Embora, e será conducido polo escritor Fran Alonso e por Xela Alonso Costas. De que está feita a literatura? Para que sirven as palabras? A través de versos, lecturas, xogos, caligramas e outras sorpresas, serán presentados de xeito ameno e divertido estes dous libros: os relatos delirantes de Contos nerviosos e a poesía infantil divertida e atrevida de Poemas birollos para ler cos ollos.

XG00258001A libraría Moito Conto está situada na rúa San Andrés, 35, da Coruña.

Precisamente, o libro Contos nerviosos esgotou estes días a súa primeira edición e está sendo reeditado.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CAPTCHA Image

*